A comezos deste mes de marzo, a Palestina ocupada foi golpeada pola pandemia do Covid-19. Mesmo a medio dunha crise como esta, Israel, potencia ocupante conforme ao dereito internacional, continúa practicando as súas políticas racistas e as súas tentativas desesperadas de lavar a cara.

 

Acuerdo israelí

O pasado 5 de marzo o Ministerio de Saúde da Autoridade Palestina anunciaba que sete persoas deran positivo no test do Covid-19 despois de teren estado en contacto con turistas gregos. Dúas semanas despois foron diagnosticados os dous primeiros casos na Faixa de Gaza. Trátase de dous palestinos que voltaban do Paquistán.

A Israel a pandemia chegou o 21 de febreiro, mais non foi por contacto cos ‘territorios palestinos ocupados’. Foi despois da chegada de once israelitas que viaxaran no cruceiro Diamond Princess, en corentena no Xapón.

Recentemente sorprendeume que se falase dun ‘achegamento entre palestinos e israelitas’ para enfrentar a pandemia. Ese achegamento sería comprensíbel no caso da Corea do sur e a Corea do norte, ou dos belixerantes no Iemen, mais non no contexto de limpeza étnica e apartheid israelita, porque o racismo en Israel é sistemático.

Non só o modo de chegada do Covid-19 ao dicir parte do mundo reflicte unha situación de segregación racista imposta polas autoridades da ocupación israelita, senón tamén as medidas tomadas por Israel canto ás comunidades e localidades palestinas dentro de Israel e na Faixa de Gaza e a Cisxordania. Moitas son as falacias sobre as ‘axudas israelitas aos palestinos’, mais son moito máis os feitos que as refutan.

Imputar a responsabilidade á Autoridade Palestina e Hamas pola deficiencia do sistema sanitario palestino é acertado, mais incorrecto. Acertado, porque as dúas partes son sistematicamente corruptas, e incorrecto porque o primeiro responsábel da situación xeopolítica e humanitaria é, indubitabelmente, Israel.

A verdade sobre a ‘axuda’ israelita á Faixa de Gaza e a Cisxordania
Moitos medios publicaron estes días notas sobre a axuda israelita de 200 tests á Faixa de Gaza e dunha coordenación sanitaria coa Cisxordania. De feito, Israel é a potencia ocupante conforme aos instrumentos do dereito internacional e, portanto, é o seu deber responsabilizarse de todos os servizos básicos da poboación palestina en Gaza e a Cisxordania.

Israel impón un bloqueo sobre a Faixa de Gaza desde hai máis de 13 anos. Isto fixo que o movemento das persoas estea limitado a un único paso fronteirizo, o de Rafah con Exipto que se converteu nun funil infernal.

O director do COGAT, o órgao que coordena as actividades do goberno israelita en Gaza e a Cisxordania, o xeneral Kamil Abu Rokon, dixo aos medios israelitas que ían deixar entrar unha ‘axuda médica israelí’ na Faixa de Gaza. ‘O virus non recoñece fronteiras’, dixo, ‘permitimos a entrada para bloquear o virus en Yehuda, Samaria e Gaza. É un interese israelita superior’.

 

israelí                                  ‘Axuda israelita’ para a Faixa de Gaza con dous millóns de habitantes (Fonte: Samanews).

 

Os encontros israelitas con mandatarios da Autoridade palestina alíñanse con ese enfoque, o de interese israelita superior, non cun espírito de apoio e moito menos de cooperación. Compre mencionar que foi a Autoridade Palestina quen pediu a axuda. Non foi un xesto de boa vontade israelita. Alén diso, os test que chegaron aos territorios palestinos son doazóns da OMS e as Nacións Unidas.

Unha semana despois da chegada da axuda, o PCHR (Centro Palestino de DD.HH nas súas siglas en inglés) fixo un apelo á comunidade internacional para exercer presión sobre Israel para que cumpra coas súas obrigacións, xa que o bloqueo sobre a Faixa de Gaza e a prohibición de importar aparellos médicos necesarios afectan gravemente ao débil sistema sanitario. Con apenas 70 camas nas UCIs e 20 respiradores artificiais, dous millóns de habitantes teñen que enfrentar a pandemia sob bloqueo israelí.

Israel disimula o seu cinismo con man de obra palestina
Ultimamente varios medios publicaban a notícia de Israel ter ofrecido permisos de residencia a traballadores palestinos. A verdade é que Israel prohibe a residencia aos palestinos coa ‘Lei de entrada a Israel’. O que as autoridades israelitas decidiron é ofrecer a case 40 mil traballadores, xornaleiros palestinos, poderen pasar a noite en Israel sen voltar ás súas casas. Unha oferta que vén acompañada da prohibición de movemento fóra da traxectoria entre o lugar de traballo e o dormitorio. Esta ‘excepcionalidade’ debe contar, por suposto, co placet dos servizos de seguranza israelitas e con que o estado de saúde dos traballadores sexa óptimo.

Esta ‘oferta’ dura apenas dous meses e está limitada a traballadores de sectores de agricultura e construción. O xefe do órgao reitor dos Consellos de localidades en Israel Shay Hayay xustificó a medida por significar un ‘esforzo de garantir a produción de bens frescos para a poboación israelita apesar da pandemia’.

Antes desta medida, 120 mil traballadores palestinos de Cisxordania, a maioría con traballos informais e en condicións laborais moi duras e sen dereitos, entraban a traballar en zonas sob control israelita. A entrada para traballadores da Faixa de Gaza continúa estando prohibida. A man de obra palestina é barata, non esixe ningunha cobertura ou dereitos e cobra en moeda israelita. É perfecta para manter a economía da ocupación. Os traballadores palestinos para non morreren de fame constrúen asentamentos e cultivan campos en terra confiscada. Non é só unha alienación, tamén unha frustración diaria de vivir na precariedade.

O Ministro de Traballo da Autoridade Palestina, Nasri Abu Yeish, condenou nunha entrevista a despreocupación israelita pola vida dos traballadores palestinos “Moitos traballadores palestinos teñen que pasar a noite no campo e en condicións inhumanas no medio da propagación do coronavirus”, advertiu Abu Yeish.

O caso do palestino Malek Ghanem de 29 anos mostra o nivel de racismo dentro do sistema sanitario israelita e a súa relación co Exército. Este 21 de marzo, en plena expansión de pandemia do Covid-19, Ghanem, que traballaba en Tel Aviv. tivo febre. Chamou a un hospital israelita e pediu unha ambulancia. Como lle esixían pagar 400 shekel (case 100 euros), Ghanem foi el mesmo ao hospital. Aí chamaron á policía que á súa vez o entregou ao Exército israelita.

En declaracións á Axencia Palestina de Noticias WAFA, Ghanem explicou que os soldados israelitas antes de o deiteren no chan fora do check-point de Beit Sira dixéronlle: “En Israel non hai sitio para ti. Que a Autoridade Palestina che poña en cuarentena”.

Ghanem finalmente deu negativo. Non tiña Covid-19.

O aspecto sanitario do apartheid israelita
A pandemia do Covid-19 trouxo luz de novo a arquitectura racista do Estado israelita. Israel non é racista só cos palestinos na Faixa de Gaza e a Cisxordania, tamén o é cos palestinos, xudeus orientais e xudeus africanos dentro de Israel.

O centro de dereitos humanos para a minoría árabe en Israel, Adala, denunciou nun comunicado que as autoridades israelitas non prestan ningún servizo sanitario básico a 45 comunidades árabes no deserto do Neguev, sob pretexto de estas comunidades, que contan con máis de 75 mil habitantes, seren ilegais. O centro destaca tamén a insuficiencia de información necesaria en árabe.

As cifras do último relatorio anual do buró central de estatísticas en Israel deixa clara un importante foxo sanitario entre xudeus e árabes dentro de Israel. Segundo o relatorio, a esperanza de vida entre xudeus é de 81 anos, en tanto para árabes (palestinos) é de 77 anos. A mortalidade neonatal entre os árabes é de 4,8 por cada 1.000 partos árabes. Nos partos xudeus é menos, 2,5 por cada 1000.

En Israel a media de camas en hospitais por cada 1.000 habitantes é de 2,2. Está por baixo da media da OCDE (8,8) da que é membro. Isto, sen dubidar, é resultado indirecto da foxo sanitaria entre as localidades árabes (palestinas) e as xudías. Os palestinos en Israel pagan os mesmos impostos, mais reciben menos servizos.

Esta foxo é premeditado. É unha consecuencia do racismo institucional israelita. As institucións israelitas son unha das peores versións do modelo capitalista neoliberal e ficaron espidas con esta crise do Covid-19. Israel é un réxime sionista que mata as persoas, esnaquiza a natureza e tenta manipular a historia. É incapaz de salvar vidas neste tempo de pandemia.

Mussa’ab Bashir Alazaiza

AraInfo