Fontes palestinas informan que o incidente tivo lugar nas primeiras horas da pasada cuarta-feira, cando un autobús israelita atropelou decenas de traballadores palestinos que se encontraban nun check-point de control de Israel na entrada da cidade cisxordana de Beit Lahm (Belén), antes de iren traballar.

 

PALESTINA. Trabajadores palestinos embestidos por un autobús israelí; al menos dos personas han resultado muertas (+ vídeo)

Segundo esta información, terían morrido, como minimo, dous xovens e outros ficaron feridos. Os mozos mortos son Ziad Ali Husein Abiyat, de 29 anos, e Yafar Omar Abayat, de 30.

Polo seu lado, Israel expresou que a policía detivo o condutor e abriu unha investigación sobre o suposto accidente. No entanto, non se produciu ningunha declaración oficial nin foron dados a coñecer pormenores sobre a identidade do autor deste ataque terrorista.

Non é a primeira vez que acontecen atentados deste tipo. Decenas de persoas palestinas foron atropeladas de forma deliberada, na maioría dos casos por colonos israelitas, nas estradas da Cisxordania ocupada. Moitos destes atropelos acabaron coa vida de numerosas persoas.

Vídeo de Hispan TV