Palestina: Resumo do dia (16/05/2021)
1 – Netanyahu anuncia que os bombardeos continuarán “con toda a forza”.
2 – Nos ataques de onte (16-05), Israel provocou un mínimo de 41 mortes. As equipas de rescate ainda están retirando corpos dos escombros no bairro de El Walda. Ás oito do serán xa eran 192 as persoas asasinadas por Israel nesta vaga de terror, 58 delas crianzas.
3 – Bernie Sanders pede o inmediato cesamento do masacre en Gaza e a revisión da axuda dos EUA ao exército israelita. Defende que non se pode financiar violacións dos dereitos humanos.
4 – 40 escolas da ONU en Gaza son utilizadas como refuxio por millares de habitantes gazatís
5 – Varias persoas feridas no bairro de Sheikh Jarrah, en Xerusalen leste, por atropelos cos vehículos das IDF e disparos con fogo real.