Israel intensifica bombardeios em Gaza, e Tel Aviv vira alvo | Notícias internacionais e análises | DW | 12.05.2021

 

1. A primeiras horas da mañá do dia 18, os bombardeos de  Israel sobre Gaza causaron catro mortos máis, entre eles o xornalista Yusef Abu Hussein. Outras catro persoas morreron por disparos das forzas israelitas  (IDF) nos protestos da Cisxordania, onde tamén foron feridas numerosas persoas.

2.- Segundo informa a organización internacional Save the Children, 50 escolas de Gaza foron albo de ataques sionistas.

3.- Durante a noite do 18 ao 19 de maio, en apenas 25 minutos caeron 122 bombas sobre Gaza.

4.- Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU, reclama fondos para as necesidades humanitarias máis urxentes na Faixa de Gaza. Entretanto, Israel impede a entrada de axuda humanitaria.

5.- 94 vivendas de Gaza resultaron totalmente destruídas, e 285 inhabitabeis debido aos danos sufridos polas bombas, segundo informa a Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (UNOCHA).

6.- No mesmo dia 18 ,a poboación da Palestina ocupada e a que habita dentro das fronteiras do estado de Israel, viviron unha xornada de greve xeral.

7.- Segundo a Axencia Reuters 450 predios foron destruídos por Israel na Faixa de Gaza, incluidos 6 hospitais.

 

8.- Tamén o dia 18 houbo en Galiza, nun total de 28 localidades, grandes concentracións en solidariedade co pobo palestino e en apoio á resistencia contra o apartheid, a limpeza étnica e o xenocidio que practica o sionismo.

 

Concentración a prol do pobo palestino en Compostela. (Foto: Rubén Permui)