Pallasos en Rebeldía e Palestina.Gal instalarán pasado mañá, día 14, en Compostela o Check Point Clown, nun acto reivindicativo en que tomarán parte o mago Dani García e o pallaso Jano sen Medidas. Tamén participarán representantes da comunidade palestina na Galiza que informarán sobre a situación que se vive nestes momentos no seu país. O acto terá lugar na rúa San Pedro a partir das sete da tarde.
DIA 14 DE MAIO - 19:00 HORAS - NO INICIO DA RÚA DE S. PEDRO
Palestina: Pallasos en Rebeldía e Palestina.Gal instalarán o Check Point Clown en Compostela
12/05/2021
← O Parlamento de Galiza reclama a Israel que respecte os dereitos do pobo palestino
Palestina 2021: 73 anós despois da Nakba a violencia sionista topa coa resistencia palestina →