Benjamin Netanyahu en una imatge del passat 3 de setembre, durant una reunió del seu gabinet / ABIR SULTAN / EFE                                          Benjamin Netanyahu – ABIR /SULTAN

Marzo de 2016. Un atacante palestino cae ao chan, ferido e inmobilizado, un soldado do exército israelita remátano dun tiro a queimarroupa . As imaxes, que circularon polas redes sociais grazas á organización B’Tselem, contribuíron moi probabelmente ao feito de o asasino ter sido o primeiro militar sionista en doce anos condenado a prisión por morte dun palestino a sangue frío. Os palestinos que viven na Faixa de Gaza tamén gravan sistematicamente as accións das forzas armadas de Israel, para testemuñaren posíbeis abusos.

Mais agora esa vía de información están en risco. O Parlamento vai debater en breve a proposta dun socio do Likud que quer prohibir as gravacións sospeitosas de quereren “afectar o estado de ánimo” dos soldados. É unha violación sen paliativos da liberdade de prensa. Nun conflito de relatos tan contraditorios como o de Israel e a Palestina, a verdade incontestábel dunha fotografía ou un vídeo é un ben que compre preservar. Vexo que o xornal progresista Haaretz xa se posicionou en contra e considera a proposta “perigosa”. En qualquera caso, compre sumar Israel á longa lista de países que están facendo movementos de fondo enderezados a controlar o relato de maneira que os xornalistas e os medios perdan a capacidade de denunciar os excesos do podere. De momento, segundo leo no Guardian, o ministro de defensa está encantado coa medida.

Por certo, o soldado asasino de que falaba ao principio cumpriu nove meses de condena. Os que queren prohibir as gravacións suxeren que as penas sexan de entre cinco e dez anos de prisión. Parece indicativo do que pesa a vida dun palestino na balanza da politica do país.

Alex Gutiérrez

Fonte: ARA