OBSERVATORIO PARA A DEFENSA DOS DIREITOS E LIBERDADES


Esculca
  • Quen somos
  • Arquivos
    • En destaque
    • Opinión
    • Entrevistas
    • Guías
    • Resumos trimestrais de noticias (Galiza)
    • Libros
    • Filmes e documentarios
    • Dereito Internacional
    • lente (análises)
  • Relatorios
  • Vídeos
  • Contacto
Select Page

GRAVE ATENTADO CONTRA A LIBERDADE DE INFORMACIÓN

Peden 4 anos e medio de cárcere para o activista que publicou imaxes do despexo dunha familia

9/12/2021

O activista enfrenta unha pena de catro anos  e medio de prisión por publicar imaxes da comisión que procedeu ao despexo dunha familia dunha vivenda de Guadalajara, sen lle ofrecer alternativa habitacional.

.

 

Diego Herchhoren frente á súa casa en Guadalajara, 2019. — MARÍA DUARTE / PÚBLICO
.

T. García
O xulgamento contra Diego Herchhoren, membro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), para quen o Ministerio Público pede catro anos e medio de cárcere por tirar fotografias dun despexo, non estivo isento de polémica por canto a súa condena pode supor un perigoso precedente contra a liberdade de información.
.
A Plataforma antirepresiva de Guadalajara denunciou através das redes sociais o caso deste avogado e conseguiu reunir perto de 70.000 asinaturas para pedir que non sexa encarcerado. 
–

Os feitos aconteceron o 26 de marco de 2019, cando unha comisión xudicial acudiu rodeada de axentes da Policía Local e a Policía Nacional a desaloxar unha vivenda en ruinas situada nun bloco de apartamentos do bairro do Alamín, propriedade da sociedade católica San Vicente de Paúl.

No predio moraba unha parella de xovens -unha rapariga de 17 anos e un mozo de 19- que ocuparan o espazo -até ese momento deshabitado- diante da imposibilidade de acharen un lugar mellor para cuidar do seu bebé, de apenas cinco meses.

O despexo foi levado a cabo de sorpresa  e sen notificación previa á familia, á que case non deron tempo de recoller os poucos utensilios que gardaban na vivenda. Tampouco se lles ofreceu alternativa habitacional.

Neste contexto, un grupo de activistas protestaron desde as xanelas. Diego fotografou todo o acontecido e posteriormente divulgou as imaxes nas redes sociais e na páxina web da PAH. Nunha delas era posíbel ver os rostos dos axentes xudiciais.

Aos poucos dias, o Xulgado de Instrución número un de Guadalajara ordenou como medida cautelar a retirada de todas as fotografías relacionadas co desaloxo, ao ver un posíbel delito de revelación de segredos e outro de inxurias con publicidade.

 

 

🔴 ¿Estás dispuesto a ir PRESO por una FOTO?

⛔️ A Diego le piden 4.5 años de prisión por fotografiar a la Comisión Judicial ejecutando el desahucio de 1 familia con un recién nacido

📣 Este 9 de diciembre no sólo juzgan a Diego, JUZGAN EL DERECHO A LA INFORMACIÓN#NoInformaras pic.twitter.com/i8048HLDl0

— Plataforma Antirrepresiva de Guadalajara (PAG) (@AntirepresivaGu) December 1, 2021

 

A maxistrada que ditou o auto, Cristina Guerra Pérez, tamén esixía aos actores implicados abstérense de realizar novos comentarios sobre o despexo, e ameazaba coa imputación dun delito de desobediencia caso reincidiren.

A PAH decidiu eliminar o chío mais no mes de xuño partillou o auto que contemplaba as medidas cautelares e declarou que continuarían a fotografar os ‘abusos’ do Poder Xudiciario. O Ministerio Público non obviou a mensaxe e actuou en consecuencia.
.
A importancia deste xulgamento transcendeu fora de Guadalajara. O caso foi tratado no Senado, onde o senador valenciano Carles Mulet (Compromis) preguntou ao Goberno central sobre os feitos. No seu escrito, o parlamentar lembraba ao estado español que no próximo 17 de de decembro acaba o prazo que ten para incorporar ao ordenamento xurídico español a Directiva 2019/1937 do Parlamento Europeo, relativa á protección dos denunciantes de infraccións del Dereito da Unión.
.
Este regulamento prohibe aos estados perseguiren ou acusaren persoas que denuncien abusos exercidos por funcionarois da Administración e sinala a necesidade de ‘protexer a revelación pública de información’, tendo en conta ‘principios fundamentais como a liberdade de expresión e o pluralismo dos media’.
No escrito, o senador de Compromís tamén pregunta ao Poder Executivo se vai realizar unha “rápida transposición” do texto comunitario, e solicita a modificación do Código Penal para que o Ministerio Público deixe de empregar o delito de revelación de segredos en casos de “prevalente interese público para a cidadanía”.

No entanto, o afectado móstrase pesimista con que o Goberno ou as Cortes cumpran coa data límite, apesar de a Unión Europea poder impor sancións millonarias ao estado español caso non o facer. “España non ten ningún interese en incorporar ese dereito porque continúa protexendo quen abusa”, defende o activista.

Por súa vez, Amnistía Internacional comunicou a súa intención de facer un seguimento do caso, que ven examinando desde que chegou a coñecemento público hai dous anos, pola gravidade das acusacións e o “efecto que pode ter no correcto exercicio do dereito á información”.
Periódico CLM

 


← Dous menores foron expulsados a Marrocos apesar de a súa repatriación ter sido suspendida
Yalla – Carlo d’Ursi →

  

NEWSLETTER

Boletín electrónico

Para recebir o Newsletter de EsCULcA, subscríbase aqui

 

 

BIBLIOTECA

  • Xavier Cañadas:
    El Caso Scala. Terrorismo de Estado y algo más
  • Lena Fredriksson:
    ‘All Quiet on the West Bank? Living under prolonged occupation’

VIDEOTECA

  • Yalla – Carlo d’Ursi
  • Billy. Crónica dun torturador
    – Celso X. López-Pazos
  • Facebook
  • X
EsCULcA - Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.
Páxina elaborada por Global Soluciona con WordPress. WordPress é Software Libre baixo licencia GNU.