O próximo dia 26 de outubro, ás 09:00,  terá lugar nos Xulgados de Vigo (Rúa Lalín, 1) a segunda parte do xuízo que se segue contra N. e O. , para quen a fiscalía pede 6 anos de prisión por supostos destrozos no decurso da manifestación estudantil de 2014 en favor da educación pública. Segundo denuncia a plataforma de apoio a N. e O. na primeira parte, celebrada en xullo deste ano, a Fiscalía non presentou probas inculpatorias.

Si tería conseguido a Fiscalía, segundo estas mesmas fontes, convencer outras persoas procesadas por feitos acontecidos na mesma manifestación a aceptaren a versión policial en troca de rebaixar as peticións de condenas de 6 anos a 3-6 meses.

O testemuño dos axentes policiais, que afirman ter controlado desde o comezo da manifestación os movementos de O. e N. o que lles tería permitido observar como un e outra causaban serios destrozos na mobilia urbana, resulta inverosímil. A menos que se acepte que a policía pode limitarse a tomar nota da comisión dun delito sen intervir para o evitar e deter no momento as persoas responsábeis.

Fonte: La Haine