
Trátase dunha recomendación remetida á Dirección Xeral da Policía Nacional e o Ministerio do Interior no pasado 15 de decembro e da que o Defensor del Pueblo ainda non recibiu resposta.
A institución que dirixe Ángel Gabilondo solicitou a Interior adoptar as medidas oportunas para que non haxa policías durante o parto de mulleres privadas de liberdade que son transferidas a un hospital desde o cárcere para dar á luz.
Considera o Defensor que a situación non supón “perigo para a seguranza e orde docentro médico ou do seu persoal” e defende que coa medida será preservada a dignidade e intimidade persoal destas mullres.