A eurodeputada galega Ana Miranda (BNG) e o eurodeputado español Miguél Urbán (Podemos) solicitaron onte (07/11/2018) no Parlamento Europeo apoio ao movemento de Boicote, Desinvestimentos e Sancións ao Estado de Israel (BDS) para acabar co apartheid que o Goberno israelita exerce sobre o pobo palestino. A petición tivo lugar durante a conferencia de prensa “Supporting Israel” en que tamén participaron organizacións xudaicas europeas e tivo por obxectivo denunciar a estratexia de Israel de calificar de antisemita calquera crítica ao Goberno de Israel.

 

 

“O BDS é unha loita pacífica e non violenta que funcionou en Sudáfrica e podería facelo en Palestina”, sinalou Miguel Urbán, quen afirmou que a estratexia de Israel de calificar as críticas “lexítimas” contra o Estado de Israel como antisemitismo “é cruzar unha serie de liñas vermellas”.

Pola súa banda, a eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Ana Miranda denunciou “o aumento das presións contra o movemento BDS” do que se declarou membro e expresou o seu apoio “a calquera asociación xudía ou laica que loite por un futuro común mais en paz”.

Arthur Goodman, da asociación Xudeus Europeos por unha Paz Xusta, declarou que “o antisemitismo debería ser combatido, mais non é peor que a islamofobia” e apuntou que “a xente debe ser libre de criticar o que fai Israel e o sionismo, que non é parte da relixión xudía senón unha ideoloxía”.

Henri Goldmann, outro dos relatores e representante da Unión Progresista de Xudeus Belgas, denunciou a convocatoria dunha conferencia paralela organizada polo “Goberno de Israel e organizacións ortodoxas belgas que [el] nin sequera coñecía”.

Este evento sionista, que se continúa desenvolvendose hoxe, está organizado pola Asociación Europea de Xudeus e promoverá entre os partidos europeos a firma dun documento que declara as tácticas do BDS como “fundamentalmente antisemitas”.

La Vanguardia