Na iniciativa, Zabala solicita que se inicien dilixencias de investigación para ‘esclarecer se Felipe González puider ser obxecto de denuncia por ter incorrido supostamente no delito de inducir a cometer atentados e desaparacións forzadas através dos GAL ou ter utilizado o seu cargo público de presidente do Goberno para tolerar, financiar ou encubrir graves vulneracións de dereitos humanos por medio dos fondos reservados’. Entre outras cuestións, Zabala lembra no seu escrito o suposto relatorio redactado pola CIA en 1984 -publicado hai meses- que ligaría González coa ‘creación dun grupo de mercenarios para combater fora da lei terroristas”.