O Grup de Suport a presxs de Lleida denuncia que o preso I.M.H., actualmente no CP Ponent, foi vítima de coacción, extorsións e tortura durante 8 meses no CP Brians II. Un dia, farto de tanto abuso, rebelouse contra un funcionario. A consecuencia foi unha malleira cruel: «Cheguei a pensar que era o meu último dia de vida. Deixáronme totalmente inconsciente, fun amarrado a unha cama con correas de contención durante 48 horas, que para a min foron un inferno». Chegou a facer as súas necesidades encima. «Para o min é a maior humillación que sufrín no dez anos de condena que levo». Estando imovilizado bateron nel coas porras nas plantas dos pés e así estivo os 8 días que o tiveron en Brians II. Até comezaren as reiteradas transferencias de prisión. 

Resultado de imaxes para brians c.p.

 

O avogado presentou denuncia no xulgado sobre os malos tratos que recibira I.M.H., e no día seguinte foi levado ao CP Ponent. O dia 13 de xuño baixárono de condución de novo ao CP Brians II, para declarar no xulgado de Martorell polos feitos e as lesións causadas ao funcionario. Nos días que ficou alí os funcionarios sometíano ás típicas vinganzas, negándolle os dereitos básicos -o dereito a patio, teléfono, etc.-. Foi sometido a inspección corporal integral, segundo eles por motivos de seguranza, e a revista da súa cela, onde, segundo os funcionarios, atoparon un obxecto punzante duns 25cm, o que, afirma I.M.H., é totalmente falso. Por  iso, abriuselle expediente disciplinar. 

Resultado de imaxes para brians c.p.

Pasou aproximadamente un mes recibindo represalias polo que acontecera co funcionario que agredira I.M.H. até que un dia, quando observou que varios funcionarios colocaban as luvas que costuman levar cando golpean un preso, púxose tan nervoso que, desesperado, bateu el no funcionario máis próximo. 
As consecuencias foron immediatas, foi levado ao DERT, onde novamente mallaron nel sete funcionarios. «Fun amarrado desde as 14:30h até as 08:45h do dia seguinte, soltáronme unha man, despois a outra, e alxemáronme. Despois desatáronme as pernas». Acto contínuo foi conducido ao CP Quatre Camins, alí estivo perto de 10 dias.
Pasado ese período, foi transferido novamente ao CP Ponent, onde só estivo un par de días e despois foi levado outra vez a Brians II. Alí tivérono un día e volvérono transferilo ao CP Quatre Camins, onde estivo semana e media.
Unha mañá, sen previo aviso, presentouse o alcaide na súa cela e comunicoulle que por motivos de réxime volverían levalo ao CP Ponent, onde está agora. 7 transferencias en moi pouco tempo. Trato deshumano para pagar a súa reacción diante dos abusos.
O saldo das malleiras foron dúas costelas partidas, beizo inferior roto por dentro e ombro esquerdo dislocado. A parte de hematomas e rasgóns por todo o corpo, alén das lesións psicolóxicas que comportan o trato degradante.Isto é só un caso mais dos moitos que pasan dentro das prisións, sen que a sociedade chegue a saber. O valor dalgunhas persoas como I.M.H. permite pór á luz os abusos que se cometen dia a dia nos centros de exterminio chamados cárceres.Grup de Suport a Presxs de Lleida