A Garda Civil abriu unh anova  investigación a unha mestra aposentada de setenta anos  e mobilidade reducida de Palafrugell a quen xa acusara de incitar ao odio contra un membro da Benemérita. Na pasada terza feira a profesora, Mariona Reig, voltou aos xulgados para ser investigada por inxurias e ameazas a un axente que participou nas cargas do 1-O. E todo isto por comentarios feitos nas redes sociais.   

 

Erik Puig Cano (@JavaCat6) | Twitter                            Mariona Reig

 

Mariona Reig acolleuse ao seu dereito a non declarar, tal como xa fixera na súa anterior visita aos xulgados. Di estar ‘tranquila’. Ainda que un proceso como o que está sufrindo busca “que fiquemos caladas”. , afirma que continuará a dicir o que ben lle parecer. “Pasei media vida ensinando coñecementos e valores: credes que diría unha mala palabra?”, pregúntase.

Un comentario nas redes sociais

Reig é investigada por un comentario nas redes sociais contra un garda civil. Concretamente, á foto do axente divulgada no Facebook, onde foi identificado como un dos gardas civis que participaron nas cargas policiais do 1-O en Sant Carles de la Ràpita i Roquetes. Ao ver a imaxe, a mestra escribiu que sería ben facerlle unha visita e “devolverlle o favor”.

O axente denunciou a publicación da fotografía e dos comentarios, o que desembocou nunha causa, en que se acusa a profesora de incitar ao odio contra o garda civil, que se mantivo secreta durante máis de dous anos e que ten máis de mil follas. Alén da investigación do enderezo IP ou da titularidade de contas nas redes, a causa derivou tamén en comisións rogatorias no estranxeiro (entre outras, nos Estados Unidos e Irlanda).

El Nacional