Jesús Galván, Benito Jiménez y José Gil

 

A chegada do coronavirus puxo de manifesto que un dos colectivos máis pobres e desfavorecidos, os pensionistas con 65 anos que non teñen acceso a unha pensión contributiva de aposentamento por non teren quince anos cotizados ou dous nos últimos quince, así como aquelas persoas menores desa idade que teñen recoñecido un grao de incapacidade superior ao 65% e non ultrapasan os estritos limites de ingresos da unidade de convivencia, topan con longas esperas na tramitación das súas peticións en moitas Comunidades Autónomas ao teren estas transferidas as competencias de xestión e, portanto, seren responsábeis de as aprobar ou recusar, ainda que despois sexan pagas polo estado através da Tesouraría Xeral da Seguranza Social.

 

Non podemos permitir que este colectivo das persoas máis desfavorecidas fique fora dos beneficios das medidas excepcionais, cando se trata dun deretio legal que lles proporcionará unha prestación de 395,6 € mensais.

 

No 31 de xaneiro, segundo os dados do IMSERSO, había 28.530 pensións sen tramitar, delas 15.847 de xubilación e 12.683 de incapacidade. Andalucía, con 7.669 pensións sitúase á frente, seguida das Canarias con 6.432 e Catalunya con 4.283. Entre as tres suman máis do 60 %. Galiza sitúase en quinto lugar, despois da Comunidade Valenciana e a Comunidade de Madrid.

 

 

Particularmente grave é a situaicón nas dez provincias con máis demoras na tramitaicón das PNC, ultrapasando en todas elas o prazo legal de 90 días, con Barcelona á cabeza. Nestas con máis demora e menos pensións mensais tramitadas, un pensionista que teña exercido o seu dereito a solicitalas antes da declaración do estado de alarma, e atendendo ao ritmo de resolución de casos do pasado mes de xaneiro, pode ter de agardadr o tempo escandaloso de máis de dous anos e medio. En Málaga pode chegar a 32 meses, segundo pode verse nos seguintes gráficos.

 

 

Como as Comunidaades Autónomas non cumpren o prazo máximo de resolución de 90 días contemplado no decreto 286/2003 de 7 de marzoz e neste contexto de medidas excepcionais sque están permitindo acceder ao desemprego contributivo a autónomos e aos traballadores incluídos en ERTES, con independencia do tempo de cotización, autorizando as empresas a tramitalos cun procedemento abreviado, o Goberno debe adoptar unha norma similar que habilite as comunidades autónomas para aprobar provisoriamente todas as pensión solicitadas e pendentes de tramitaicón na data de entrada en vigor do RDL 8/2020 de 17 de marzo de medidas extraordinarias.

Por iso, o Movimiento Andalúz en Defensa de las Pensiones Públicas pede ao Goberno asumir e ditar unha resolución de urxencia para que sexan aprobadas provisoriamente esas peticións que van destinadas na súa maioría a pensionistas con máis de 65 e sen recursos nin ingresos.

 

Jesús Galván, Benito Jiménez y José Gil, miembros de la  Comisión de Portavoces del Movimiento Andalúz en Defensa de las Pensiones Públicas (MADPP)

Nueva Revolución