Néstor Rego Candamil, deputado nos Congreso (BNG), rexistrou o pasado 29 de xaneiro pregunta ao goberno sobre a Orde de Servizo 6/2016, que establece a posibilidade de manter persoas internas nos cárceres españois en réxime de confinamento solitario prolongado e sen ningún tipo de contacto humano. Un réxime similar ao que padeceu até hai uns dias Julian Assange e denunciado internacionalmente como malos tratos e tortura.

 

Resultado de imagen de congreso diputados madrid

 

O deputado resalta no seu escrito a preocupación suscitada polo caso do xornalista australiano en numerosas autoridades e organismos internacionais que chegaron temer pola súa vida e reclamaron insistentemente o fin de tan cruel tratamento. Tamén lembra a recente declaración da Asociación Médica Internacional, en que se revisa o impacto deste réxime de vida nas saúde das persoas recluídas, as normas internacionais e a función de médicos e médicas, ao tempo que recomenda a retirada do réxime prisional fechado como forma xeral de tratamento.

No entanto,salienta Rego Candamil, o estado español mantén en vigor a Orde de Servizo 6/2016, que estabelece unha intensificación das medidas restritivas previstas na normativa penitenciaria para casos de persoas presas consideradas de especial perigosidade.

E isto, apesar de o propio Defensor del Pueblo recoller tamén no seu relatorio do ano 2016 a recomendación da súa definitiva retirada, por carecer esta Orde de Servizo de amparo legal e vulnerar portanto dereitos fundamentais establecidos no art. 25 da CE.

Non esquece o deputado de mencionar a recente morte no penal da Lama dun preso sometido a este duro réxime de vida e apuntar que, segundo os medios de comunicación, nestes momentos hai outras dúas persoas suxeitas a idéntico tratamento nos cárceres galegos.

Por estas razons pergunta ao goberno a) se ten previsto retirar a orde de servizo 6/2016, b) cantas persoas están incluídas neste réxime, en que centros e en que condicións; c) por qué non publica a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias a orde de servizo 6/2016 e as súas eventuais modificacións como si fai con outras ordes.

Aqui o escrito da pregunta.