A denuncia é baseada na operación policial contra a Universidade Nacional Mayor de San Marcos en Lima, onde a policía entrou con tanquetas e atirou gases lacrimoxéneos.

.
.
La denuncia es por el operativo policial contra la Universidad Nacional Mayor de San Marcos en Lima, donde entraron con tanquetas y lanzaron gases lacrimógenos.                           Foto: Twitter @saludconlupa

 

A CNDDHH do Perú interpuxo queixa contra o ministro do Interior do país, Vicente Romero, e o comandante xeral da Policía Nacional Raúl Alfaro Alvarado.

A Coordinadora Nacional de Derechos Humanos (CNDDHH) do Perú interpuxo no pasado domingo queixa contra o ministro do Interior do país, Vicente Romero, e o comandante xeral da Policía Nacional, Raúl Alfaro Alvarado, despois da operación policial contra as instalacións da Universidade de San Marcos en Lima.

 

 

No sétimo xulgado constitucionalda Suprema Corte de Xustiza, dous avogados membros da organización presentaron unha demanda de habeas corpus  alegando arbitrariedade nas detención do sábado no campus da principal universidade da capital.

Polo menos 400 policías anti-motíns, apoiados por forzas especiais, tanquetas e blindados, mais sen a presenza de procuradores, entraron no campos da UNMSM para despexar os manifestantes que ocupaban o centro de estudos desde a pasada cuarta-feira.

 

Image

 

Máis de 200 persoas foron intervidas despois de os uniformados arrancaren cunha tanqueta as grades e un muro da porta número 3. Houbo disparos e lanzamento de bombas lacrimoxéneas, apesar de os estudantes non ofreceren resistencia.

A Policía Nacional do Perú (PNP) confirmou que 193 persoas foran detidas  e levadas á Prefectura de Lima, situada no entroncamento das avenidas España e Alfonso Ugarte, no centro da capital.

Na mañá do domingo, familiares e avogados das persoas detidas chegaron á sede policial para lles facer chegar alimentos e pedir información sobre a súa situación legal. Tamén estiveron presentes representantes da CNDDHH e brigadas de saúde para se informaren sobre a súa situación física.

 

Image

 

As persoas detidas foron distribuídas nas sedes da Dirección Contra o Terrorismo (Dircote) da Policía de Investigacións o Perú (PIP) e á Dirección Nacional de Investigación Criminal (Dirincri).

Por súa vez, a Valedoría do Pobo indicou que no sábado se produciron 109 bloqueos en todo o país. As accións de protesto tiveron lugar en 35 provincias, sendo El Callau a zona con maior número de intervencións.

Resposta das autoridades universitarias

Através da súa conta no Twitter, a Universidad Nacional Mayor de San Marcos emitiu un comunicado para pronunciarse sobre os feitos acontecidos na véspera. No seu texto denuncia o abuso de autoridade durante o operativo policial.

Segundo o ente educativo, na véspera, a policía “entrou no campus universitario sen presenza da Valedoría do Pobo nin do representante do Ministerio Público. Portanto, denunciamos o abuso de autoridade contra os nosos estudantes intervidos arbitrariamente”.

 

 

O ente tamén critica a intervención da Dirección Contra o Terrorismo na residencia universitaria que “tivo como prexuízo o dano material da infraestrutura e o agravo físico e psicolóxico á comunidade de residentes sanmarquinos”.

“Exhortamos os poderes do estado a construir pontes para solucionar a crise política que pon en risco a estabilidade de todas as institucións públicas, como actualmente padece a nosa casa de estudos, e utilizar os mecanismos que a democracia permite, respectando os dereitos humanos de todos os nosos cidadáns, así como dos nosos estudantes”, refire o texto.

Despois da intervención no recinto universitario, delegacións de manifestantes presentes en Lima mobilizáronse para repudiar o feito e denunciar a detención arbitraria das persoas que estaban no interior do centro educativo.

TeleSur