A policía atirou bombas lacrimoxéneas contra a marcha pacífica que se dirixía a Lima, deixando persoas feridas.
Horas despois foi reportado un grande incencio nunha casa ubicada no centro de Lima, perto da Praza San Martín, lugar ao que chegaron os bombeiros para combater o lume. Até o momento non se coñecen as causas do incendio.
En Arequipa diferentes gremios acudiron á Praza de Armas para apoiar o paro nacional contra Boluarte. Posteriormente, o xefe da micro-rede de Saúde de Zamácola, Juan Alarcón, confirmou que nesta rexión se informou da morte dunha persoa como consecuencia da represión das forzas policiais durante a tentativa de tomar o Aeroporto Alfredo Rodríguez Bal
A vítima foi identificada como Jhancarlo Condori Arcana, de 30 anos de idade, que recibiu un impacto de bala no abdomen. Aumenta a 53 o número de persoas mortas como consecuencia da represión policial e militar contra as mobilizacións desde decembro pasado.
Na rexión de Tacna tamén se realizou unha mobilización en solidariedade coas vítimas da represión e como forma de particpar no paro nacional con que se reclama a renuncia de Boluarte.
#Perú Nuevos actos represivos en #Lima
La policía impide que las manifestaciones salgan de la plaza San Martín donde se registra un incendio#MarchaDeLos4Suyos #TomaDeLima pic.twitter.com/8JUl80fcDo— JAIME HERRERA (@JaimeHerreraCaj) January 20, 2023
En cusco, organizacións sociais tamén saíron á rúa para protestaren contra a presidenta designada e o Congreso, pedindo “non máis masacres” no país como as que as que xa foron rexistradas pola represión das forzas policiais.
En Lambayeque, movementos sociais tamén se uniron ao paro nacional para reiteraren a súa demanda de saída de Boluarte e o encerramento do ente lexisltivo.
Tamén en Puno diferentes sectores da poboación realizaron unha grande mobilización para respaldar a Marcha dos Catro Suyos, sumándoseasí ás demandas contra o Goberno.
Segundo a Superintendencia de Transporte Terrestre de Persoas, Carga e Mercadoría (SUTRAN), ás 15:30 (hora local) houbo bloqueos en 127 puntos da rede viaria nacional en 18 das 26 rexións do país, incluídas Lima provincia e El Callao.
Por outra parte, centrais sindicais de Arxentina mobilizáronse nesta xornada frente a sede da Embaixada do Perú en Buenos Aires para expresaren a súa solidariedade coa poboación, rexeitando a represión e pedindo paz.
Os protestos intensificáronse no Perú desde o 7 de decembro de 2022, cando o Congreso destituiu o presidente Pedro Castillo e xuramentou Boluarte no cargo. Até o momento, a represión das forzas policiais e miitares contra as manifestaicóns deixaron polo menos 50 persoas mortas e centenares de persoas feridas.