Nesta cuarta-feira tivo lugar o xuízo contra o xornalista de ‘La Haine’ Jorge Correa. A vista fora adiada no pasado mes de abril pola incomparecencia dun dos axentes denunciantes. A Xustiza recoñeceu que un dos axentes agrediu varios fotoperiodistas que cubrían a manifestación, mais deixouno sen condena por prescrición.

Momento no que un axente de policía golpea a man doutro outro axente que se cruza no seu camiño

 

Momento en el que un agente de policía golpea la mano de otro otro agente que se cruza en su camino Momento no que un axente de policía golpea aos fotoxornaistas durante o protesto de ‘Xeque ao rei’ en 2014

 

 

Seis anos de prisión e 6.200 euros de indemnización. Esta é a condena que a Fiscalía solicita para o xornalista de La Haine Jorge Correa, máis coñecido como Boro LH. Está acusado de partir o menisco a un policía dun pontapé e de propinar unha puñada e partir un dedo da man a outro axente.

Todo aconteceu ao termo do protesto coñecida como ‘Xeque ao rei’, que se celebrou no 29 de marzo de 2014. Ao termo do protesto, un grupo de fotoxornalistas denunciou a agresión por parte da Policía, tal e como se aprecia no vídeo, en canto varios axentes implicados denunciaron á súa vez agresións por parte de Jorge Correa. Contodo, o xornalista de La Haine enfróntase a seis anos de prisión en tanto a agresión policial, recoñecida pola Xustiza ficou impune xa que foi cualificada como falta e como tal prescribira cando o axente foi xulgado, nunha causa diferente, na Audiencia Provincial de Madrid.

O xuízo tería que terse celebrardo no pasado 16 de abril, mais foi suspendido pola incomparecencia dun dos axentes que denunciara Jorge Correa. Entón, o xulgado do penal nº 6 de Madrid decidiu suspender a vista até esta cuarta-feira. Segundo sinalou o propio Jorge Correa após o adiamento da vista, a Procuradoría tentou ofrecerlle un pacto que foi rexeitado.

“Esperei catro anos e medio para este xuízo con todo o que iso leva a nivel persoal. Tamén vin como os policías que nos agrediron resultaron impunes ao dicir o tribunal que a causa prescribira Como pode prescribir a súa agresión e o meu caso seguir adiante cunha petición fiscal desorbitada?”, pregúntase Jorge Correa, en conversa telefónica con Público.

Unha xustificación das agresións”

En opinión de Jorge Correa, a denuncia dos axentes de Policía que o levou ao banco cunha posibel pena de seis anos de prisión foi “unha maneira de xustificar as agresións que previamente cometeran contra fotoxornalistas”. Correa, de feito, defende contra ventos e marés a súa inocencia e achega varios vídeos e probas que corroboran a súa versión e contradin o relato policial dos feitos.

 

“Hai vídeos, que acheguei ao xuízo, en que se aprecia que non dou ningunha puñada a ningún policía”

 

“Hai vídeos, que acheguei ao xuízo, en que se aprecia que non dou ningunha puñada a ningún policía. É el o que empurra a miña parella e, despois, cando fago ademán de ir acudirlle lánzase contra min e empúrrame. Despois saio correndo e os axentes veñen atrás de min. Tampouco é certo que propinase unha pontapé a ninguén. De feito, o diagnóstico médico do policía di que a rotura de menisco pode deberse a un pontapé ou a unha queda e nas imaxes apréciase que hai un axente que cae pola choiva [minuto 2:03]. Non se ve en ningún momento que eu atirase un pontapé a ninguén”, explica Jorge Correa.

O acusado tamén achega a declaración dun dos axentes de Policía que tivo que declarar no xuízo pola agresión dun axente aos fotoxornalistas. Nese caso un policía recoñeceu que bateu noutro compañeiro sen querer [minuto 1:05]. Nas imaxes, de feito, apréciase como o axente agride coa porra outro policía que se cruza no seu camiño. “Ese debe de ser o momento en que un dos policías sufriu o golpe na man que me atribúen a min”, asegura Jorge Correa.

Condenado por enaltecemento

O xornalista de La Haine Boro LH foi condenado en xaneiro pola Audiencia Nacional por un delito de enaltecemento do terrorismo a un ano e medio de prisión após ser detido na Operación Araña, unha serie de batidas policiais en que foran detidas case 80 tuiteira/os. A sentenza considerou un feito probado que o condenado difundía mensaxes no seu Facebook para “conseguir a adhesión ao ideario da organización terrorista ETA, alentando a actividade da organización”.

Nunha entrevista concedida a Público, Correa negou que o seu propósito fose enaltecer o terrorismo de ETA e denunciou sentirse vítima dunha persecución e defendeu que pedir a amnistía dos presos da organización terrorista, o fin da dispersión dos presos ou a excarceración por razóns humanitarias de reclusos doentes non pode ser delito.

A. Torrús

Público

Notícia anterior