Segundo organizacións como a Asociación de Dereitos Humanos do Marrocos ou Camiñando Fronteiras, o número de mortes causadas pola intervención das forzas policiais marroquinas para impediren que un grupo numeroso de migrantes atravesase a fronteira pode chegar a 27. No lado español, o salto saldouse con 106 feridos leves, 49 axentes da Garda Civil e 57 migrantes, deles tres tiveron de ser ingresados no Hospital Comarcal.

 

Miembros de la Guardia Civil vigilan la valla de Melilla tras la entrada de decenas de inmigrantes tras romper la puerta de acceso al paso fronterizo de Barrio Chino y saltar por encima de su tejado que separa la ciudad autónoma de Marruecos.
Membros da Garda Civil vixian a cerca de Melilla despois da entrada de decenas de migrantes através da que separa a cidade autónoma do Marrocos. Paqui Sánchez / EFE

.

.

O perímetro da fronteira entre o Reino de España e o de Marrocos en Melilla viviu unha noite tranquila despois da xornada da sexta-feira, en que se produciu unha tentativa de entrada cun número elevado de vítimas mortais, 18 segundo as autoridades marroquinas, cifra que varias ONGs sitúan en 27 vítimas.

Fontes da Delegación do Goberno español en Melilla confirmaron que nesta madrugada non se produciran novos intentos de entrada irregular á cidade, con diferenza ao que acontecera nos dous días anteriores, en que houbo presión migratoria na cerca da fronteira.

Na sexta-feira, uns 2000 migrantes de orixe subsahariana tentaron acceder a Melilla desde as 6.40 horas, deles conseguiron chegar uns 500 até a pasaxe da fronteira do Bairro Chinés, onde partiron unha das portas de acceso e 133 persoas conseguiron entrar na cidade de maneira irregular.

.

 

.

Autoridades marroquinas confirmaron no sábado que 18 persoas perderon a vida nesta tentativa de entrada, embora a Asociación Marroquina de Dereitos Humanos Nador e Helena Manero, activista de Camiñando Fronteiras elevan a cifra a 27, segundo informan nos seus respectivos perfis no Twitter.

No lado español, o salto provocou 106 feridos leves, 49 axentes da Garda Civil e 57 migrantes, dos cales tres tiveron de ser atendidos no Hospital Comarcal. Un millar de persoas migrantes foron detidas durante a operación marroquina, segundo fontes da seguranza de Rabat.

Segundo a información disponíbel, as vítimas morreron esmagadas e asfixiadas pola multitude ao ficaren presas nun desnível situado antes da cerca de arame farpado no lado marroquino, onde se formou un tampón humano entre a xente que continuaba chegando e os que ían caindo da cerca.

 

A ADHM publicou un vídeo que mostra decenas de persoas deitadas no chan, amontoadas unhas sobre as outras, algunhas delas feridas, perto da cerca e custodiadas por axentes marroquinos. As asociacións denuncian que varias persoas agonizaron durante horas sen recibiren axuda.

A tentativa, segundo diferentes fontes, estivo marcada por grande violencia policial,, sobretodo do lado marroquino, onde se produciron auténticas batallas campais nos montes próximos a Melilla durante os días anteriores, e tamén perto do perímetro fronteirizo na mañá da sexta-feira.

No que vai de ano, case mil persoas conseguiron pasar irregularmente de Marrocos a Melilla por terra, máis do duplo que no mesmo período de 2021. Este último intento é por agora o máis numeroso desde o pasado mes de marzo, cando por volta de mil persoas, segundo fontes do ministerio do interior, tentaron saltar a cerca a medio dunha violencia brutal desmedida das forzas de seguranza. Tamén é o primeiro salto da cerca da cidade desde que foron retomadas as relacións entre España y Marruecos.

Público / EFE