Sebastián Trapote, xefe do CNP en Catalunya durante o 1-O, foi obxecto dunha longa investigación por causa da morte en Badalona dun obreiro pai de sete fillos, José Luís Ferreiro Ruiz, o 8 de xuño de 1974. O obreiro estaba cara a parede en canto un policía lle puña as alxemas, cando Trapote se achegou e lle disparou polas costas a pouca distancia. O disparo atravesou o corazón e saíu polo peito provocando a morte de Ferreiro.

juicio procés sebastian trapote

 

Esta é a secuencia dos feitos, segundo testemuño do propio Trapote, que recoñeceu ter disparado por detrás, os resultados da autopsia e os relatorios dos forenses.

No entanto, o 6 de decembro de 1977 decretouse o arquivo da causa ao seren aplicados ao policía os indultos de 1975 e 1977. Contodo, a viúva e os sete fillos denunciaron o ministerio de Interior e en outubro de 1983 este foi condenado a indemnizar a familia. A sentenza calificou Trapote de neglixente por utilizar “desde o primeiro momento o máis extremo e violento dos medios que se poden utilizar: a pistola”, segundo publicaron os xornais na altura.

 

 

Toda aquela polémica volta saltar agora á actualidade por causa da resposta de Trapote cando o presidente da sala que xulga o procés, Manuel Marchena, lle preguntou se fora algunha vez procesado. “Nunca”, respondeu.

A resposta de Trapote, actualmente xubilado, provocou múltiplas reaccións, incluída a dun dos observadores internacionais que acompaña o xuízo. “Ás preguntas sobre as xerais da lei, parece que esquece a morte do obreiro Ferreiro en 1974. Parece que o pasado deste xefe da Policía Nacional non é o máis honorábel”, denunciou Iñaki Rivera, director do Observatori del Sistema Penal, en declaracións a El Nacional.

A reacción tamén se multiplicou nas redes. Unha das primeiras foi a do exdiputado da CUP David Fernàndez.

 

David Fernàndez@HiginiaRoig

 

Primera mentira en la primera palabra. Trapote si ha sido procesado alguna vez –ha dicho “nunca”. Por la muerte del obrero José Luís Herrero en 1974. Primero fue sobreseído, después indultado por la amnistia del 77. Finalmente, sentencia de lo civil. 1983

David Fernàndez@HiginiaRoig

Y encima la sentencia és del Supremo, Sala Civil, 1983: “
desmesurada conducta [Trapote], […] intervino, desbordando la prudencia y la cautela personal y profesional, que le era exigible, mediante la puesta en juego […] del más extremado y violento de los mediospic.twitter.com/p82dZ6TEjA

Ver imagen en Twitter