O Ministerio de Seguranza do goberno axentino publicaba no mes de decembro do pasado ano un Boletín Oficial mediante o cal daba a coñecer o flamante regulamento para o uso de armas de fogo no país austral. A partir daquel día as recomendacións vixentes de Nacións Unidas para o emprego mortal da forza, foron cousa do pasado. Coa asinatura de Patricia Bullrich o goberno arxentino autorizou á policía ao uso de armas de fogo de ‘maneira flexíbel’.

 

La ministra argentina Patricia Bullrich.

 

A resolución da Ministra de Seguranza autoriza ás forzas policiias a disparar contra quen se considere ‘sospeitoso’. O artigo 2 do novo regulamento dá vía libre para disparar en todas as situacións de intervención fronte a un feito delituoso; quer dicir, en defensa propia, para impedir a comisión dun delito, para proceder á detención ou para impedir a fuga. O mesmo artigo desestima o reiterado argumento policial da “voz de alto”, utilizado nas versións policiais dos casos denominados ‘gatillo fácil’: “cando resultar evidentemente inadecuado ou inútil, dadas as circunstancias do caso”, criterio que fica a discreción do oficial que dispara.

En cinco artigos o regulamento modifica de modo drástico os criterios de precaución que até agora debían aplicar os axentes antes de accionaren os seus armas de fogo. Alén de convalidar accións como as de Chocobar, o policía que asasinou polas costas un delincuente que xa reducira, a nova norma alarga a discrecionalidade interpretativa dos atiradores, tal é o caso do artigo 2°, en que se establece que o atirador poderá facer uso das armas de fogo cando resultaren ineficaces outros medios non violentos” para proceder “á detención de quen representar un perigo inminente e opuxer resistencia á autoridade”.

Contodo a pregunta que se fan os organismos de dereitos humanos que xa se manifestaron en contra desta resolución, é que significa un “perigo inminente”?. A resposta está no artigo 5. O inciso B sostén que un “suposto delincuente” pode ser tiroteado cando “posuir unha arma letal, aínda que despois dos feitos se comprobar que se trataba dun símil dunha arma letal”. Quer dicir que un policía podería disparar contra un asaltante aínda que este estiver armado cunha pistola de xoguete.

A resolución da Ministra de Seguranza vai en contra da xurisprudencia e os protocolos que establecen criterios de moderación no uso da forza para reducir ao mínimo os danos humanos, en proporción á gravidade do delito que se persiga.

Mais isto non é todo. A normativa autoriza o uso de armas de fogo en situación de tumulto. O artigo 5° prevé que os efectivos poderán disparar “cando a imprevisibilidade do ataque esgrimido, ou o número dos agresores, ou as armas que estes utilizaren, impidan materialmente o debido cumprimento do deber, ou a capacidade para exercer a defensa propia ou de terceiras persoas”.

Se se ten en conta o orzamento que o goberno nacional destinou á compra de equipamento militar e armas de fogo, ben podería advertirse a intención que esconde este punto da resolución, que non é outra que a de reprimir o protesto social, substituíndo as balas de goma por auténticas balas.

Patricia Bullrich xa anticipara estas drásticas medidas cando recibiu a principios de novembro a policía Bonaerense Carla Céspedes, quen matou polas costas un delincuente desarmado. A ministra celebrou polas redes a absolución de Céspedes na causa que se lle seguiu por homicidio agravado en exceso no cumprimento da súa función.

Logo após coñecerse esta resolución, a CORREPI (Coordinadora Contra a Represión Policial e Institucional) alertou que a medida é ‘de maneira sinxela unha lexitimización do gatillo fácil?.

Walter Medina

Nueva Tribuna