A policía de Los Angeles non deu autorización para marchar contra a chamada Cimeira das Américas, que terá lugar na próxima semana.

.
.
La Cumbre de los Pueblos es un evento que se ha vuelto habitual frente a las convocatorias de las llamadas Cumbres de las Américas.

 

Os organizadores da Cimeira dos Pobos, convocada por unha coalición plural de organizacións coa intención de “levar as voces do pobres e desposuídos do noso hemisferio” á chamada Cimeira das Américas en Los Angeles, Estados Unidos, denunciou na pasada terza-feira que a policía de Los Angeles recusou a autorización para se manifestar durante o conclave.

Nun comunicado, a alianza de movementos sociais afirma que o goberno estadunidense bloqueou a autorización para a súa mobilización na cidade da California ao “recusar conceder unha autorización para unha marcha numerosa e legal programada para coincidir coa Cimeira das Américas na sexta-feira 10 de xuño 2022”.

Os organizadores da Cimeira dos Pobos pola Democracia afirman que “o comportamento do Departamento de Policía de Los Angeles constitúe unha vulneración ilegal dos dereitos constitucionais de quen participa nunha actividade protexida pola primeira enmenda” da Constitución dos Estados Unidos.

 

 

Apesar da prohibición, a Cimeira dos Pobos ten pensado “manifestarse no 10 de xuño”. Os organizadores lembran que “presentaron o 25 de febreiro un pedido de autorización para unha actividade protexida pola liberdade de expresión e pasaron 95 días e a Policía de Los Ángeles demorou a resposta e non contestou con medidas concretas para avanzaar no proceso”.

Tamén denuncian que a Policía de Los Angeles tentou culpar o Servizo Secreto e o Goberno Federal pola demora na concesión, mais din que “se trata dunha táctica dilatoria” e cualifican de “atroz violación da liberdade de expresión e a infracción do noso dereito democrático a protestar”, o que “vai contra os mesmos valores que Joe Biden e o goberno dos EUA din defender na Cimeira das Américas”.

 

 

 

A directora executiva do Fondo de Acción de Californianos polos Dereitos Humanos de Inmigrantes (CHIRLA na súa sigla en inglés), Angélica Salas, afirma que “a Cimeira dos Pobos levantará aqueles temas importantes para a nosa xente mais que foron excluídos da cimeira presidencial no outro lado da cidade”.

“Os dereitos dos migrantes, das mulleres e dos traballadores, a reconstrución e protección das normas democráticas, a seguranza das familias. Presentaremos unha visión diferente do hemisferio como un lugar de paz, liberdade e prosperidade para todos que non exclúe ningún país, ningunha fé, ningunha raza e ningún xénero”.

A alianza social anuncia que “independentemente do resultado do pedido de autorización, como pobos das Américas marcharemos polas rúas de Los Ángeles no 10 de xuño contra a Cimeira da Exclusión de Biden e faremos ouvir as nosas voces”.

TeleSur