Policía española investiga unha función escolar en Palma de Mallorca por «cánticos a Alá». O musical Mar i Cel, interpretado por alumnos e alumnas de entre 10 e 13 anos da escola de música Ireneu Segarra, está baseado no clásico de Àngel Guimerà, obra capital da literatura catalá levada a escena pola compañía Dagoll Dagom en 1987. A polémica céntrase nalgúns parágrafos da canción O Himno dos Piratas, como o que celebra «o exterminio dos cristiáns».

Ao parecer foi a nai dun alumno quen denunciou a canción por considerar que incita ao odio.

O centro Ireneu Segarra cre, pola súa banda, que as cousas foron tiradas de contexto e mostra a súa sorpresa ante esta resposta; «Estamos a falar dunha obra capital da literatura catalá, é como se alguén estivese a falar do Quixote!», comentaron responsábeis do centro en distintas declaracións.

Ler máis.