Organizacións sindicais do ensino convocaron para esta cuarta feira os medios de comunicación para estaren presentes na entrega no rexistro da Xunta dun escrito en que demandaban unha interlocución directa co presidente da Xunta sobre a recuperación dos horarios lectivos. Nada, a priori, que se diferenciase das numerosas convocatorias aos medios para asistir a entregas de documentos de diferente tipo no rexistro de San Caetano, sede administrativa da Xunta.

 

Os medios non puideron gravar a entrega do escrito no rexistro da Xunta (CIG-Ensino)
CIG-Ensino anunciou que dirixirá unha queixa formal á Xunta “por esta grave decisión de censurar a liberdade de información nun acto sindical cando a todas horas se producen actos e comparecencias do propio goberno e de todo tipo de asociacións e entidades dentro do mesmo recinto”