Serán as redes sociais vixiadas de maneira preventiva? Que poder vai ser posto en mans das grandes plataformas para controlaren o que pode circular ou non por Internet? A Digital Service Act resolve problemas? ou agrávaos? Estas son algunhas das cuestións que están sobre a mesa cando se abre un debate sobre a futura regulación da Internet, a Digital Service Act (DSA) ou Lei de Servizos Dixitais, presentada pola Comisión Europea en decembro de 2020.

 

 

Para analisar o alcance deste proxecto normativo, e o seu impacto na liberdade de expresión, a Plataforma pola Liberdade de Información (P.L.I.), xunto coa Universidade de Valencia e Prodigioso Volcán, organizaron un seminario online en que especialistas, políticos e representantes da sociedade civil expuxeron os seus puntos de vista e explicaron as súas principais preocupacións.

O evento foi presentado por Yolanda Quintana (secretaria xeral da P.L.I.) e Lorenzo Cotino, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia.

Quintana lembrou que, unha vez aprobado este Regulamento, alén de ser aplicación inmediata, «os gobernos nacionais van ter que adaptar as súas lexislacións, polo que vai afectarnos a cada un de nós».

Lorenzo Cotino, pola súa banda, destacou os obxectivos que debería cumprir esta norma: «debería definir un marco xurídico con maior clareza, sobre o que poden ou deben facer as plataformas, o alcance da súa responsabilidade e sobre as garantías que teñen os usuarios ante a retirada dos seus contidos».

Joan Barata, cuxo relatorio era presentado neste evento, sinalou ao comezo da súa intervención que: «a DSA era moi esperada a finais do ano 2020. Estamos ante un texto complexo e sofisticado. Probabelmente é a proposta máis completa que vimos até agora no ámbito mundial. Provoca moitos debates e conversas que van alén das fronteiras da UE»

Vídeo do Seminario en español

 

 

Vídeo do Seminario en inglés

 

Plataforma por la LIbertad de Información

 

.