Cartagena se rebela para luchar contra la prostitución, su lado más oscuro

 

O primeiro argumento sen o que sería imposíbel entender a proposta política abolicionista da prostitución é que non toda actividade através da que se obteñen beneficios debe ser considerada un traballo. Millóns de nenos e nenas traballan por salarios de pobreza no mundo. Hai que pedir sindicatos para mellorar as súas condicións de traballo ou hai que abolir o traballo infantil? Nestes momentos estímase que existen algo máis de 30 millóns de persoas que traballan en condicións de escravitude no noso planeta. Hai que acabar con esa organización económica ou humanizar as condicións de existencia das persoas escravizadas?O segundo argumento pon o foco na radical obxetualización dos corpos das mulleres na industria do sexo. Ten a ver coa deshumanización a que están sometidas as mulleres en prostitución por puteiros e proxenetas. Ten a ver coa ‘extinción do eu’ que lles esixe a industria e os consumidores. E ten a ver coa renuncia dos seus desexos en beneficio dos masculinos. Os desexos das mulleres en prostitución non contan; só é relevante dar cumprida satisfación aos desexos dos homes. A prostitución socava a subxectividade das mulleres e convérteas en medios para o desexo masculino. Debe ser considerado un traballo a institucionalización da satisfación sexual masculina?O terceiro argumento persegue irracionalizar a idea de que é o mesmo traballar no servizo doméstico que na prostitución. Amelia Tiganus deu moi ben: non é o mesmo vender un produto a que o teu propio corpo sexa o produto. Unha cousa é que co corpo fagamos un traballo e outra moi distinta a que o noso corpo sexa o lugar de traballo. Non é o mesmo: o servizo doméstico é un espazo de explotación económica, mais a prostitución é un espazo de explotación económica e de explotación sexual. É un lugar de dor infinita para as mulleres prostituídas. A prostitución, tal e como sinala Ingeborg Kraus, esnaquiza a súa saúde: todas elas teñen dores abdominais permanentes, gastrite e infeccións frecuentes, non só vaxinais e bucais; moitas delas padecen doenzas de transmisión sexual e tentan silenciar o trauma psicolóxico con alcol e fármacos. Debe ser considerada un traballo a conversión da sexualidade das mulleres en mercadorías?