Mañá, primeiro dia do mes de xullo, Pallasos en Rebeldia e Palestina.gal realizarán unha performance na Praza do Toural de Compostela para denunciar o paralelismo entre as técnicas de intervencións da policía e exército de Israel contra o pobo palestino e as que utilizan as policías de moitos países occidentais contra as súas propias poboacións, con os mesmos resultados letais como demostra o recente asasinato de George Floyd en Mineápolis.

 

Praza do Toral – 1º de Xullo – entre 19:30 e 20:30 – Performance

POR QUE NOS IMPORTAN TANTO ESTAS VIDAS?

Breona Taylor – Marzo 2020 – Kentucky – negra

George Floyd, – Maio 2020 – Mineápolis – negro

Iyad Hallak – Maio 2020 – Xerusalén – palestino

Fadi Samara – Maio 2020 – Ramallah – palestino

Daniel Jiménez – Maio 220– Alxeciras – cigano

Ahmed Erekat – Xuño 2020 – Cisxordania – palestino

……..

Porque cremos na solidariedade – Porque nos repugnan o racismo e a xenofobia – Porque aspiramos a un mundo rexido pola xustiza, non pola lei do máis forte – E porque, de entre todas, a violencia institucional armada que afunda as súas raíces no supremacismo é, certamente, a máis perigosa e mortífera.

E neste torneo Israel non ten rival: produce, experimenta, comercializa e exporta ao mundo a súa violencia contra o pobo palestino

Formación en novas técnicas represivas, armas de tecnoloxía última xerazón, viaxes a Israel, convenios con empresas vinculadas ao Mossad… a policía occidental compra todo, aprende todo, aplica todo.

Sabe que usa un produto de eficacia probada, experimentado antes contra o pobo palestino. Foran moitos os corpos palestinos que Israel dobregou e asasinou coa chamada ‘mata-león’, a técnica con que os seus discúpulos de Meneápolis asasinaron George Floyd.

O violador crónico dos dereitos humanos e a legalidade internacional, o campión en execucións extra-xudiciais, en malos tratos e tortura, en controlar e encarcerar unha poboación enteira, en disolver manifestacións a tiros, convertido así en mentor e custodio das policías do mundo.

Como non han de importarnos estas nosas vidas?

Pallasos en Rebeldía – Palestina.gal