Cando moitos países da UE tentan combater o aumento do tráfico e consumo de drogas, algúns ollan para Portugal, para inspirarse sobre como reformar a resposta médica e xudicial a este problema. No mes de xullo de 2001, o país despenalizou o uso persoal e pose de todas as drogas ilegais. Naquel momento, un 1% de toda a poboación era adicta á heroína. Vinte anos despois, o país converteuse nun exemplo. Os usuarios que toman drogas xa non son tratados como delincuentes senón como pacientes.

 

Les reformes pioneres de Portugal per frenar la drogodependènciaFoto Unsplash

 

Anna Solé Sans

No ano 2001, Portugal despenalizou a pose persoal de todas as drogas. Este feito foi unha parte da reorientación máis ampla da política até unha abordaxe centrada na saúde. En troca, a pose de drogas para uso persoal trátase como un delito administrativo, feito que significa que xa non se castiga con prisión e non xera antecedentes, nin tampouco estigma. Apesar de todo, as drogas son confiscadas e poden xerar sancións administrativas, como multas ou servizos comunitarios.

A decisión de aplicar esta sanción é decidida os paneis de distrito compostos por profesionais do dereito, saúde e traballo social, informa un artigo publicado en Transform, Drug Policy Foundation. Coñécense como Comisións para a disuasión da adicción ás drogas. Cando un individuo é enviado por primeira vez e o seu uso é avalliado como non problemático, a lei require que o caso sexa suspendido. Iso quer dicir que non se aplican máis medidas. Se se identifican tendencias problemáticas, propóñense intervencións breves, incluíndo asesoramento. Nos casos de risco alto, onde se identifican condutas problemáticas máis graves e de dependencia, as persoas poden recibir derivacións non obrigatorias a servizos de tratamento especializado. Neste sentido, a grande maioría de casos é suspendida. As persoas que van a estas Comisións entenden que a vontade é axudar a reducir o uso e educar sobre os riscos.

Por que se converteu nunha reforma pioneira?

Segundo destaca o mesmo artigo, a despenalización da pose persoal é só unha parte de reformas máis amplas de políticas de drogas centradas na saúde que involucran unha abordaxe na redución de danos e a provisión de tratamento. Ao aceptar a realidade do consumo, en lugar de esperar que desapareza cunha lexislación represiva, agora a lexislación portuguesa permite que as drogas sexan tratadas como un problema de saúde e non de xustiza penal.

Portugal non foi o primeiro país a despenalizar algunha ou todas as drogas. Ora ben, é un dos máis destacados e influentes. O modelo portugués foi chave na despenalización das drogas en Oregón, por exemplo ou a proposta de Noruega.

Que din os datos?

Nos primeiros cinco anos despois das reformas, xa comezaron a verse os resultados. No ano 2011, segundo destaca a mesma fundación, foron rexistrados apenas 10 mortos por sobredoses. En troca, no ano 2001, tiñan sido rexistrados 76. No ano 2001, as taxas portuguesas eran moi similares ás da media europea. En termos reais, as taxas de mortalidade por drogas en Portugal continúan a ser das máis baixas da UE: 6 mortos por millón entre persoas de 15 a 64 anos, en comparación coa media da UE de 23,7 por millón (2019). Son practicamente incomparabeis coas 315 mortes por millón de persoas de 15 a 64 anos rexistradas na Escocia, que é máis de 50 veces maior que as taxas portuguesas.

A reforma da política de drogas en Portugal combinouse cunha mudanza na perspectiva da educación sobre drogas, afastándose das campañas baseadas na abstinencia de ‘simplesmente di non’, constata a publicación. O consumo de drogas en escolares foi constantemente por baixo da media europea durante os últimos vinte anos.

El Nacional