O deputado Néstor Rego Candamil (BNG) formulou 26 de xullo unha pregunta ao Goberno sobre as actuacións que eventualmente teña levado a cabo o Goberno de Sánchez, e mais concretamente o Ministerio de Asuntos Estranxeiros, para conseguir a liberdade de Juana Ruiz Sánchez, a traballadora humanitaria española presa polo exército israelita no pasado 13 de abril e sometida á xurisdición militar.
.
.
Juana Ruiz, la cooperante detenida en Israel, es de origen extremeño | Hoy
.
.

No seu escrito, Rego Candamil lembra que no pasado 13 de abril, ás 5.45 da mañá, máis de 20 soldados do exército israelita, fortemente armados, presentáronse no domicilio de Juana Ruíz Sánchez na localidade cisxordana de Beith Sahur, perto da cidade de Belén. Segundo relatan persoas do contorno da traballadora humanitaria, tanto elas como o seu esposo palestino e a súa sogra foron intimidados polos soldados que despois levaron Juana para a someter a un interrogatorio sen a informaren sequera dos cargos que lle eran imputados.

“Juana que leva máis de 30 anos residindo nos territorios palestinos e que traballa como coordenadora de proxectos na ONG palestina Comités de Traballo para a Saúde, foi finalmente acusada, no inicio do mes de maio, de cinco cargos pola Xustiza Militar de Israel, entre os que se inclúen os de pertenza a organización ilegal, participación en actividades dunha organización ilegal e formar parte da xunta directiva dunha organización ilegal -argumenta o deputado-. Desta feita, Israel persegue toda actividade que sirva de apoio ao pobo palestino considerando, infundadamente, que a axuda internacional que as ONGs reciben para causas humanitarias, como os Comités de Traballo para a Saúde, serve para financiar ao FPLP, criminalizando ás persoas cooperantes como Juani.”

Así, polo seu labor de arrecadación para a ONG, Ruiz Sánchez foi tamén acusada de “recibir e introducir diñeiro nos territorios palestinos” e de “recibir diñeiro con falso propósito”.

O xulgamento militar contra Juana Ruiz Sánchez, traballadora humanitaria detida desde abril por Israel, foi adiado por segunda vez até o mañá 27 de xullo, “sen que se teña producido ningún pronunciamiento de condena destes feitos por parte do Goberno español”, enfatiza Rego Candamil.

Juana é unha traballadora dunha ONG cuxo único obxectivo é mellorar as condicións de vida do pobo palestino nos territorios ocupados, que prové axuda á poboación en materia de saúde e desenvolvemento ao mesmo tempo que loita polos seus dereitos. A súa detención débese a unha persecución política, á continuación da ofensiva de Israel para seguir desprazando á poboación.

“A cooperante foi detida baixo falsas acusacións e sen respectar os seus dereitos fundamentais, sen que fose garantido o seu dereito unha defensa adecuada e vai ser sometida a un xulgamento militar. O Goberno español debería interceder ante as autoridades de Israel para coñecer o estado das actuacións e conseguir a liberación de Juana Ruíz e a retirada dos cargos”, afirma e formula as eguintes preguntas ao Goberno:

1. Que actuacións levou a cabo o Goberno de España e concretamente o Ministerio de Asuntos Exteriores para conseguir a liberación de Juana Ruíz Sánchez?

2. Considera adecuado o Goberno someter á xurisdición militar a unha traballadora dunha Organización Non Gobernamental que colabora con causas humanitarias nos territorios palestinos?

Pregunta