O deputado Néstor Rego (BNG) rexistrou no pasado 13 de abril pregunta ao goberno sobre o asedio a que é sometido o xornalista palestino Muath Hamed, refuxiado no estado español xunto coa súa familia, pola Garda Civil e o Mossad. Máis en concreto, o deputado nacionalista pergunta sobre o interrogatorio ilegal levado a cabo en instalacións do corpo armado español polos servizos de intelixencia israelitas e a resposta que o goberno ten pensado dar a esta anomalia.

 

El periodista palestino Muath Hamed. — Cedida                                 O xornalista palestino Muath Hamed – Cedida

Muath Hamed é un xornalista palestino refuxiado no Reino de España. Vive xunto coa muller e os dous fillos pequenos en Lemoa (Biscaia). Cando se instalou nesta pequena localidade vasca sentiu que por fin achara un lugar para vivir en paz xunto coa familia, despois dunha vida marcada pola persecución, o cárcere e a represión do Goberno israelita. Esa sensación desapareceu por completo no pasado 11 de febreiro ás seis da tarde, nun cuarto isolado do cuartel da Garda Civil da rúa Batalla del Salado, en pleno centro de Madrid. Ese día, asegura, a Garda Civil púxoo a disposición dun axente do Mossad, o temido servizo secreto israelita, que o someteu a un interrogatorio clandestino e o ameazou.

A denuncia pública destes feitos levou o deputado Néstor Rego a formular ao goberno as seguintes preguntas:

1.- Coñece e ampara o Goberno a actuación da Garda Civil que acosa un requerente de asilo residente no Estado español e permite aos servizos de intelixencia de Israel actuaren directamente en territorio do Estado para continuar asediándoo por exercer libremente a súa profesión de xornalista e informar do conflito palestino-israelita?

2.- Condenará publicamente a actuación dos servizos de información da Garda Civil polo seu asedio e por permitir o interrogatorio a un cidadán palestino asilado no Estado español por parte de servizos estranxeiros de intelixencia sen motivo nin xustificación algunha?

3.- Serán iniciadas as investigacións necesarias para apurar responsabiidades tanto de carácter admiistrativo como políticas polas actuacións relatadas?

4. Supón isto unha mudanza na politica internacional do Goberno para apoiar agora claramente o Goberno israelita na súa persecución de cidadáns palestinos?

Máis información sobre o caso de Muath Hamed.