.
.
“O caso de Juana Ruiz Sánchez ilustra o sistema xudiciario e de leis israelitas”, afirma Néstor Rego. “Unha cidadá do Estado español que traballaba nunha organización sanitaria, Health Work Commitees, nos Territorios Ocupados, que mora na zona A e exerce a súa actividade en territorio palestino, é secuestrada e encarcerada por forzas militares israelitas. A potencia ocupante que expropia, que expulsa os palestinos, que ten legalizada a tortura, os asasinatos extra-xudiciais, a detención administrativa sine die e que é acusada de crimes de guerra e lesa humanidade, Israel, declara ilegal a organización sanitaria e acúsaa, sen probas, de financiar unha organización declarada terrorista. Ao mesmo tempo, Juana Ruíz ten de admitir perante un tribunal militar israelita de ocupación que traballa para esta organización sanitaria,agora ilegal para Israel e legal nos Territorios Ocupados, e que arrecada fondos para HWC necesarios para cobrir as necesidades da poboación que a potencia ocupante non atende”.
.
Rego lembra tamén que Israel, “faltando á súa obrigación de atender as necesidades sanitarias da poboación palestina ocupada, máis ainda no contexto da pandemia mundial, pretende impedir que estas necesidades sexan cubertas mediante doazóns da cooperación internacional creando dúbidas e sospeitas”. Unha persecución que non visa exclusivamente Health Work Commitees . Tamén outras asociacións, como por exemplo Al Haq e Adameer, amicus curiae da Corte Penal Internacional na acusación de crimes de guerra e de lesa humanidade contra Israel, sofren a mesma situación.
A isto debemos acrecentar que tanto o Estado español como a Unión Europea declararon non ter achado proba algunha de desvio de diñeiro. Alguns doadores reclamaron explicacións á potencia ocupante, mais entretanto cortaron as súas axudas á poboación palestina e ás organizacións de vixilancia dos dereitos humanos. Un dos obxectivos estratéxicos de Israel.
.
Por estas razóns, o deputado do BNG formula ao goberno español as seguintes preguntas:
.
1.- Admite como proceso legal e lexítimo o sistema xudicial da potencia ocupante e, portanto, a pena imposta a unha cidadá española e ao resto das organizacións e poboación palestina?
2.- Caso non ser así, que medidas diplomáticas tomou, alén da atención persoal prestada polos servizos consulares?
3.- Se compararmos as medidas adoptadas a respecto doutros Estados ocupantes de territorios, está o Estado español aplicando as mesmas sancións a Israel?
.