O deputado Néstor Rego Candamil (BNG) rexistrou hoxe no Congreso dos deputados unha pregunta ao Goberno español, para a súa resposta por escrito, sobre a decisión do Ministerio do Interior de decretar a suspension de todas as visitas ás persoas presas, despois de ter prohibido previamente a saída do cárcere dos reclusos con licenza e cancelar transferencias, conducións e visitas de investigadores, alumnos en prácticas e outras similares.

 

El Congreso anula el dictamen económico de la ...

 

Lembra o deputado que apenas 15 días despois de ditar estas instrucións, que supuñan unha grave restrición dos direitos das persoas presas, o propio Ministerio decidiu decretar a prohibición absoluta de contacto co exterior, inclusive nos locutorios onde non existe contacto físico e portanto a posibilidade de contaxio é mínima e pode ser prevenida de se tomaren as medidas de hixiene adecuadas, nun momento en que a poboación xeral non está confinada.

“Coa prohibición das visitas vulnérase de maneira innecesaria dereitos fundamentais das persoas presas, demostrando alén do mais, unha falta total de sensibilidade e empatia, pois fica eliminado o único contacto próximo con familiares e persoas achegadas”, argumenta Rego Candamil.

Por estas razóns, o deputado formula ao Goberno as seguintes preguntas:

  1. Vai o Ministerio do Interior e concretamente Institucións Penitenciarias revogar a súa decisión de prohibir de forma absoluta as visitas ás persoas presas, prevendo no seu lugar os protocolos de seguranza e hixiene adecuados para os internos e internas poderen continuar recibindo as visitas que a lei lles recoñece sen que sexan conculcados os seus dereitos?
  2. Considera o Ministerio que existe un risco de contaxio nas visitas en locutorio que se realizan nun recinto envidrazado e sen contacto físico? En que datos se baseou para tomar esta decisión?
  3. Cales son os motivos concretos que xustifican a suspensión das visitas en locutorios? Non pode ser garantida a desinfección entre unha visita e outra?
  4. Considera máis adecuado vulnerar os dereitos das persoas presas antes de facilitar os medios materiais e persoais necesarios para manter as visitas de famiiares e achegados tamén en tempo de pandemia con seguranza para todos e todas?
  5. Que medidas alternativas (cuarentena voluntaria en cela a seguir as comunicacións, axilización de concesión de réximes de semi-liberdade…) valorou a Institución Penitenciaria, se o fixo, antes de acordar a suspensión xeral das comunicacións?
  6. Deseñou o Ministerio algún plano de continxencia que permita recuperar os dereitos ás comunicacións dos presos e presas con carácter xeral? En que consiste a citada recuperación, de estar prevista?

Pregunta