Resultado de imagem para c.p. a lama

 

A deputada afirma que a dirección actual do cárcere interpreta de forma restritiva e mesmo despectiva para o voluntariado e as persoas presas o dereito recoñecido no artigo 51 da Lei Orgánica Xeral Penitenciaria, e impede a entrega de contributos pecuniarios menores a persoas internas que carecen de recursos.

Resultado de imagem para c.p. a lama

A dirección, salienta, bloqueou reiteradas tentativas dos membros do Comité da Asociación Concepción Arenal para poderen levar a cabo o seu lavor, polo que formula ao goberno as seguintes preguntas:

. Compartilla e recoñece o efecto educativo e rehabilitador exercido polo voluntariado nos cárceres?

. Sendo ese o caso, non debería promovelo en lugar de o desincentivar?

. É consciente de que o voluntariado pode exercer a mediación positiva, contemplada na lexislación vixente, entre a sociedade e a populación penal?

. Por qué se obstaculiza o lavor de visitadores e visitadoras?

. Sabe que frustra un contributo voluntario de importancia para a rehabilitación das persoas presas?

. Está na vontade do goberno limitar a asistencia voluntaria para a populación penal?

. Por qué se obstaculiza sistematicamente no C.P. da Lama o lavor da Asociacón Concepción Arenal?

. A que se debe que lle sexa negado o dereito de visita recoñecido pola normativa e exercido sen obstáculos durante anos?

Ver aquí o texto da pregunta.