A deputada Paula Vázquez Verao (En Marea) rexistrou dúas preguntas no Parlamento sobre diversas circunstancias que se viven no cárcere de Teixeiro. Indica a deputada que as súas preguntas alicerzan nas denuncias que EsCULcA lle fixo chegar sobre a situación dun interno do penal -en greve de fame para reclamar que fosen ‘atendidas as súas demandas de comunicación co exterior’-, as pésimas calidade e a insuficiencia da comida que se proporciona ás persoas internas, así como o trato cruel dispensado a persoas confinadas en réxime de isolamento.

 

Ver las imágenes de origen

 

 

Situacións, sinala Vázquez Verao, que EsCULcA denunciou en diferentes ocasións perante o Defensor del Pueblo e sobre as que pregunta ao goberno galego:

– Tense interesado a Xunta polas denuncias e queixas de trato denigrante referidas ao CP de Teixeiro?
– Que medidas ten solicitado a Xunta ao Goberno de España en relación ás denuncias e queixas de trato denigrante referidas ao CP de Teixeiro?
– Coñece a Xunta o informe do Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa sobre as cárceres do Estado español, visitadas en 2016? Que opinión lle merece?
– Ten coñecemento a Xunta das queixas de Esculca perante a oficina do Defensor del Pueblo, referidas ao penal de Teixeiro?

Pregunta sobre interno en greve de fame.

Pregunta sobre condicións de vida no penal.