Persoas afectadas e as vítimas da violencia policial durante a xornada do referendo do 1 de outubro organizáronse para esixir responsabilidades civís e penais ao Estado español. Sob o nome de Associaciò d’Afectats 1-O, a entidade ten o obxectivo de reunir “todos as persoas afectadas pola violencia exercida polas forzas de seguranza do estado español contra votantes do referendo, fosen directamente agredidas ou non” para denunciar a represión de maneira colectiva.

 

 

Através da campaña #AraParlaTu, a organización pretende elaborar un testemuño colectivo e aberto de todas as persoas que se viron afectadas pola represión policial. A entidade ten vontade de “esixir responsabilidades políticas, divulgar os feitos e defender os afectados”.

“A campaña permitirá exteriorizar testemuños dos feitos daquel día e facer un exercicio colectivo en positivo para afrontar con optimismo as reparacións e as indemnizacións que debe o estado español, despois de tanto dano cometido que non pode ser esquecido nin ficar impune”, afirman.

Ademais, a Associació d’Afectats 1-O tamén esixirá ao Parlament e ao Congreso a abertura das correspondentes comisións de investigación e apela aos representantes políticos cataláns a faceren súa esta demanda co fin de esixiren as responsabilidades civís e penais correspondentes.

Fonte: Associació d’Afectats 1-O