O pasado 20 de setembro, catro organizacións palestinas de dereitos humanos presentaron na Haia a súa cuarta comunicación sustantiva á fiscal xeral da Corte Penal Internacional, en que denuncian que altos cargos civís e militares cometeron crimes de guerra e crimes contra a humanidade na Cisxordania ocupada, incluído Xerusalén Leste. Os métodos principais utilizados por Israel, afirman, son a fragmentación do territorio ocupado e a dispersión da poboación ocupada.

O director da El-Haq, Sr. Shawan Jabarin, quen presentou a comunicación xunto coa avogada de dereitos humanos Sra. Nada Kiswanson, declarou que “esta comunicación de 700 páxinas proporciona unha base convincente e razoábel coa cal a fiscal xeral pode iniciar unha investigación dos crimes supostamente cometidos contra a poboación palestina na Cisxordania ocupada, incluído Xerusalén Leste. Durante os últimos cincuenta anos Israel someteu a poboación palestina a unha ocupación agresiva, privándoa dos seus dereitos humanos fundamentais e someténdoa a crimes inhumanos. A comunicación á Corte Penal Internacional ofrece a esperanza de que calquera persoa que cometer crimes contra os palestinos teña que responder por iso. Estamos convencidos de que unha paz duradeira e xenuína non é posíbel sen xustiza.”

Resultado de imagem para colonos israelis palestina

A comunicación denuncia o empeño de Israel de ampliar o seu territorio e garantir o dominio Israelí xudeu neste territorio, modificando a composición demográfica dos territorios palestinos ocupados. Como parte deste esforzo, as organizacións palestinas de dereitos humanos proporcionan probas de que Israel persegue á poboación palestina ocupada e a somete ao crime do apartheid. A comunicación tamén denuncia o transferencia forzosa da poboación palestina protexida e a implantación de colonatos israelís no seu lugar. Así mesmo, a comunicación achega material que proba a amplitude da apropiación, destrución e saque de propiedades palestinas. Tamén contén probas do asasinato de 300 palestinos a máns membros das forzas israelís desde o 13 de xuño de 2014. Desde 2015, Israel leva a cabo unha política de disparar a matar nos territorios palestinos ocupados.

O director do Centro Palestino de Dereitos Humanos, Sr. Raji Sourani, subliña que “a transferencia de colonos israelís ao territorio palestino ocupado constitúe un crime de guerra singular, na medida en que supón a expropiación de grandes extensións de terras palestinas, a ampla destrución de propiedades palestinas, e a destrución do tecido social e forma de vida dos palestinos. As medidas tomadas por Israel en Cisxordania ocupada son claramente medidas de colonización. Hai moito tempo que a comunidade internacional acordou que a colonización é unha práctica que debe ser perseguida e conforme ao Estatuto de Roma esa tranferencia de colonos debe ser castigada.”

Resultado de imagem para colonos israelis palestina

Os métodos principais utilizados por Israel son a fragmentación do territorio ocupado e a dispersión da poboación ocupada.

O director do Centro de Dereitos Humanos Al Mezan, Sr. Issam Younis, dixo que “Israel socava a integridade do territorio palestino desde o comezo da súa ocupación en 1967. O isolamento de Gaza, ademais dos ataques militares habituais a grande escala, permíte a Israel consolidar o seu control sobre todo o territorio palestino ocupado e negar aos palestinos o dereito á auto-determinación, dereito recoñecido internacionalmente. Ademais, o encerramento por Israel da Faixa de Gaza e a súa política de zona de terra de ninguén impide os palestinos o goce colectivo dos territorios ocupados e dos seus recursos.”

Esta comunicación é a cuarta que presentan as catro organizacións palestinas de dereitos humanos. Os tres primeiras centrábanse en crimes supostamente cometidos por alto cargos civís e militares na Fauxa de Gaza, incluíndo crimes no cadro da ofensiva militar de 2014.

A Corte Penal Internacional ten competencia para investigar crimes de guerra, crimes contra a humanidade e crimes de xenocidio cometidos no territorio do Estado de Palestina desde o 13 de xuño de 2014. Actualmente a fiscal xeral realiza unha investigación preliminar da situación en Palestina. As catro organizacións instan a fiscal xeral da CPI a iniciar urxentemente unha investigación plena da situación nos territorios palestinos ocupados. As organizacións palestinas de dereitos humanos cren que esa investigación é un paso necesario para pór fin á impunidade que prevalece desde hai moito tempo en relación cos crimes cometidos por Israel.

Consulta o orixinal en inglés: http://pchrgaza.org/en/?p=9455