A asociación de avogados e avogadas Querellants per la República presentou xunto do Tribunal Penal Internacional (TPI), con sede na Haia (Países Baixos), unha querela por crimes contra a humanidade contra o ex-presidente español Mariano Rajoy, o seu ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, o ex-delegado do goberno español en Catalunya, Enric Millo, o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, e case toda a cúpula xudicial do Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional, alén do procurador Javier Zaragoza. A querela recibiu o apoio de 5.000 asinaturas.

A denuncia foi presentada polo delito de lesa humanidade por persecución política e vulneración reiterada dos dereitos de sufraxio activo e representación política das cidadás e cidadáns da Catalunya, que cos seus votos escolleran líderes políticos de formacións independentistas para seren reprentadas. Tamén pol odelito de lesa humanidade por trato vexatorio e causar intencionalmente dores e sufrimentos físicos graves a cidadás e cidadáns que pacificamente saíron votar no 1 de outubro de 2017, atentando gravemente contra a súa integridade física e mental. Unha querela similar, mais non tan ampla, foi arquivada hai poucas semanas pola Audiencia Nacional.

A querela interponse, alén de contra Rajoy, zoido, Millo, de los Cobos e Zaragoza, contra o maxistrado do Supremo instrutor da causa do 1-O, Pablo Llarena, catro maxistrados máis da Sala de Apelacions que confirmaron a instrución de Llarena, os maxistrados que xulgaron os políticos independentistas, con Manual Marchena á cabeza, todos os maxistrados do Tribunal Constitucional, o presidente do Consello Xeral do Poder Xudiciario, Carlos Lesmes, e o prsidente da Xunta Electoral Central, Segundo Menéndez.

Durante os próximos meses, a oficina do procurador do Tribunal Penal Internacional estudará a denuncia e os documentos presentados e, sendo o caso, fará as comprobacións que considerar oportunas e en dous ou tres meses saberáse se, definitivamente, o Procurador do Tribunal Penal Internacional decide levar adiante a denuncia.