O preso tolosarra Manu Azkarate, gravemente doente, denunciou ao xuíz de Vixilancia Penitenciaria a inspección «arbitrario» que deixou inhabitábel a súa cela e a transferencia a outra «infestada de chinches».

 

Manu-azkarate                                                                                         Manu Azkarate, en 2004. (Jon URBE/FOKU)

 

Funcionarios do cárcere madrileno de Alcalá-Meco revistaron no pasado dia 7 as celas do módulo 3, onde estaba recluído o preso tolosarra Manu Azkarate, gravemente doente, que padece varices esofáxicas e ten unha perna ulcerada. Despois da inspección, a cela de Azkarate ficou «inhabitábel», polo que o preso instou os funcionarios a deixala como estaba antes. Estes responderon que o fixese el mesmo.

Azkarate negouse e foi transferido a outra cela, infestada de chinches, segundo explicou el mesmo aos seus achegados através dunha chamada telefónica. Esas condicións de insalubridade son factores de risco engadidos para unha persoa gravemente doente.

Por iso, Manu Azkarate denunciou ante o xuíz de Vixilancia Penitenciara tanto a inspección arbitraria como a insalubridade á que foi sometido.

Azkarate foi detido en decembro de 2016, en Marsella. Despois da súa entrega ás autoridades españolas, foi encarcerado en Soto del Real, prisión desde a que tivo que ser transferido en dúas ocasións ao hospital Gregorio Marañón, por mor dunha erisipela na perna ulcerada.

Fonte: Naiz