EsCULcA presentou Queixa perante a Oficina del Defensor del Pueblo o 1 de xuño polo réxime de vida a que está sometido o penado DMQ, interno no cárcere da Lama, obrigado a permanecer 24 horas ao día en absoluta soledade sen comunicación con outros presos, sen actividades programadas, apesar de estar en tratamento farmacolóxico psiquiátrico con base patolóxica previa, o que supón un risco grave para a súa integridade física e vida.

 

Resultado de imagem para carcel a lama pontevedra

 

“Nin o máis estrico réxime regularmentar (art.91.3 RP) pode determinar unha situación semellante que xa foi calificada por organismos e tribunais internacionais como tortura”, argumenta EsCULcA na súa queixa ao DP, en que subliña que este trato degradante é unha responsabilidade e unha neglixencia particularmente grave.

Tamén lembra EsCULcA que o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa recomendou no seu relatioi de 2017 ás autoridades españolas adoptaren as medidas precisas para garantir que os reclusos vulnerábeis destinados em módulos de réxime fechado e en departamentos especiais reciban atención e tratamento axeitados, e que os presos con transtornos mentais sexan transferidos a un centro médico adecuado.