A.M.C.B., preso no cárcere da Lama que participou nos xaxúns reivindicativos do pasado mes de xaneiro, denuncia estar sometido a un réxime de “tratamento” en extremo duro na enfermaria onde foi internado por causa dos ataques epilépticos e o deterioramento psíquico que padece, este último debido ás duras condicións impostas e a falta de atención médica adecuada.

Nun comunicado, A.M.C.B. el mesmo refere un episodio recente que pode ser cualificado como de intento de suicidio.

Desde que foi internado na enfermaria, ten reducida a hora e media a saída ao patio (a pesar de o art. 91.3 do regulamento penitenciario establecer tres horas de patio para as persoas recluídas en réxime de isolamento). O resto do día permanece incomunicado, sen atención psicolóxica ou psiquiátrica algunha, á parte do tratamento farmacolóxico. Tampouco se lle permite participar en actividades culturais, terapeúticas ou outras, que poidan aliviar a monotonía, ansiedade e fastío dos seus días en absoluto isolamento.

Ver aqui o comunicado e as cartas enviadas por A.M.C.B.