Prisioneiros palestinos nos cárceres de Israel negáronse onte (01/06) a aceptar a comida en protesto pola prolongada prohibición do Servizo Prisional de Israel (IPS) a recibiren visitas das súas familias, informa a Sociedade Palestina de Prisioneiros (PPS).

 

 

95% dos palestinos detidos nas cadeias de Israel sofrem tortura, denuncia ong – Monitor do Oriente

 

A medida de prohibir estas visitas foi tomada no inicio da pandemia do coronavirus en marzo do pasado ano e continúa en vigor até hoxe, embora a maioría dos prisioneiros teñan sido vacinados, así como os seus familiares, sinala o PPS:

En realidade, o IPS tenta que a prohibición de visitas de familiares aos presos palestinos acabe sendo unha medida permanente para privar os presos dos seus dereitos.

O protesto deste 1 de xuño podería ser o inicio de medidas mais contundentes para conseguir recuperar o dereito a recibir a visita das familias.

O PPS pediu á Cruz Vermella internacional que faga o necesario para que estas visitas sexan inmediatamente autorizadas.

Palestina Hoy