.

 

Nun comunicado, o asesor legal da CIX para a  Europa e Asia Central, Massimo Frigo, adverte que lles preocupa que o Tribunal Supremo “non tivese en conta totalmente as obrigacións de España sob o dereito internacional en dereitos humanos na consideración dos cargos contra os acusados”. Neste sentido, Frigo di que “a interferencia coa expresión e protesto pacífico é inaceptábel, excepto en circunstancias limitadas” que non ve no caso do xuízo do 1-O.

“Estas condenas representan unha grave interferencia no exercicio da liberdade de expresión, asociación e asemblea dos líderes cataláns”, afirma o CIX, que considera que utilizar “a lei de sedición para restrinxir o exercicio destes dereito é innecesario, desproporcionado e inxustificábel”. Para o CIX, a maneira como é utilizada a sedición neste caso mostra un “alto risco de arbitrariedade”.

El Mon