Participantes nunha manifestación que esta tarde protestaban no centro de Barcelona pola sentenza do xuízo ao procés isolaron e expulsaron un suposto infiltrado da concentración. Con berros de “infiltrado” e “mostra a cara”, sinaláronno e puxéronno fóra do corpo da manifestación.

 

aillament infiltrat - captura

 

Aínda que se viviron algúns momentos de tensión con manifestantes, o home acabou abandonando a zona. Era un home de complexión alta e corpulento, vestido de negro e cun gorro a taparlle a cara, deixando ver apenas os ollos, que non retirou en ningún momento.

 

El Nacional