O Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias vinculado ás Nacións Unidas contestou ao Reino de España que a resolución adoptada por ese organismo en 2019, en que se reclamaba a liberdade das presas e presos independentistas, é válida. Despois de recibir un pedido do goberno español para revisar a decisión, o Grupo de Traballo decidiu “manter a opinión” ao non ver motivo algún para a reverter. Así consta no seu último relatorio sobre o cumprimento das súas resolucións que foi presentado esta semana da 45ª sesión do Consello dos Dereitos Humanos da ONU. Na súa comunicación, o organismo internacional avisa que o estado español non implementou a resolución sobre os presos.

 

 

 

Pouco despois de o Grupo de Traballo ter reclamado a liberdade das presas e presos independentistas por considerar que a súa detención era “arbitraria”, o goberno español pediu unha revisión da decisión alegando dubidar da “imparcialidade” e “independencia” dos especialistas que a adoptaron. Segundo o executivo de Pedro Sánchez a resolución congtiña “erros e distorsións”.

Tal como esixía España, o Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias re-examinou o relatorio que elaborará sobre a prisión da/os independentistas, mais chegou á conclusión que fora respectada a metodoloxía habitual. O Grupo lembra que só reconsidera as súas opinións en “circunstancias excepcionais” e se se presentan feitos “completamente novos” ou descoñecidos do caso.

O pedido de liberdade

En dúas resolucións separadas antes da sentenza polo caso do 1-O, o Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias pediu a liberación de Jordi Sánchez, Jordi Cuixart, Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Josep Rull, Raül Romeva e Dolors Bassa.

El Mon