O relator especial da ONU para a Liberdade de Opinión e de Expresión, David Kaye, reclamou a liberación dos presos políticos. “Terían que ser liberados”, dixo na terza-feira nun coloquio organizado por Òmnium Cultural. Tamén expresou que “non terían que ter sido encarcerados”, pois se o foron foi por “razóns intolerabeis” e non “por delitos violentos”. No acto tamén participou o vice-presidente de Òmnium, Marcel Mauri.

 

Torra Torrent Presos Politics Junqueras Bassa Turull Rull Romeva Forn Comissio155 Parlament - Sergi Alcazar

 

 

O relator equiparou os nove presos políticos cataláns con “xornalistas e presos políticos prisioneiros en todo o mundo”. Por outra banda, cre que as prisións son un dos “peores lugares” para evitar a propagación de pandemias como o coronavirus, tendo en conta as indicacións da OMS, e tamén por iso pide a súa liberación.

Despois da intervención de Kaye sobre os presos, o president no exilio, Carles Puigdemont, fíxose eco das súas palabras e voltou pedir a liberación dos consellers do seu Govern, de Carme Forcadell, de Jordi Sànchez e de Jordi Cuixart.

Nestes momentos, os presos políticos teñen acceso ao artigo 100.2 do regulamento prisional e isto permítelles saír da prisión unhas horas ao día para ir traballar ou facer un voluntariado.

El Nacional