Os testemuños de torturas de Naia Zuriarrain e Saioa Agirre no xulgamento do proceso 13/13 saltaron esta vez a Europa, cunha pregunta de Pernando Barrena (EH Bildu) á Comisión Europea ou un chío amplamente divulgado de Carles Puigdemont.

 

El Estado español sigue mirando hacia otro lado ante denuncias de graves torturas

 

O lacerante testemuño de torturas a mans da Garda Civil, incluídas vexacións sexuais, feito por Naia Zuriarrain e Saioa Agirre na Audiencia Nacional tivo esta vez potente difusión polas redes sociais. Como cuestión nova, moitas mensaxes interpelaron os entes encarregados de combater a violencia machista sobre o seu silencio nestes casos.

Por outra parte, tamén de forma inhabitual, o tremendo e pormenorizado relato do acontecido na batida de 2010 saltou a Europa esta vez através das redes sociais e mesmo cunha interpelación á Comisión Europea.

Diso ocupousePernando Barrena, eurodeputado de EH Bildu, que dirixiu unha pregunta concreta a Bruxelas. Quere que detalle «cales son os mecanismos de que dispón para garantir que o Estado español cumpra co artigo 4 da Carta dos Dereitos Fundamentais sobre a prohibición da tortura na detención de persoas».

Até o momento é sabido que o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos castigou unha ducia de veces o Estado español mais unicamente por non investigar torturas, salvo no caso de Igor Portu e Mattin Sarasola, en que determinou que se lles tería inflixido un «trato inhumano e degradante».

En paralelo, correu moito polo continente a mensaxe en redes do president lexítimo catalán no exilio Carles Puigdemont, que rechiou unha mensaxe de Arnaldo Otegi que recollía un extracto da declaración de Zuriarrain e engadiulle: «O problema non só é o denunciado, esta espantosa tortura en mans do Estado español. O problema é que nin o Goberno de entón nin o de agora fixeron nada para perseguir os torturadores criminais. O Réxime do 78 ten moitas caras e continúa gobernando».

Os vídeos dos testemuños de torturas, publicados en Youtube pola propia Audiencia Nacional que recolle as sesións íntegras da vista, circularon nesta ocasión tamén mensaxes en inglés, como o difundido polo ex senador independentista Urko Aiartza.

EP-UP: Gorrotxategi e Montero

Por parte de Elkarrekin Podemos, a súa última candidata a lehendakari en Gasteiz, Miren Gorrotxategi, difundiu en redes unha mensaxe en euskara en que afirma que «os testemuños de Naia Zuriarrain e Saioa Agirre son tan duros como reais. A tortura é unha grave vulneración de dereitos humanos e ocorreu na nosa sociedade. A reparación é necesaria. Un abrazo a Naia e Saioa», coroado co hastagh ‘eu acredito en ti’.

No entanto, moitas mensaxes de Twitter sentiron a falta dun posicionamento similar da súa compañeira de partido e ministra de Igualdade Irene Montero, dado que costuma tomar posición pública en casos análogos e esta vez non o fixo.

Ramón Sola

Naiz