As familias e amizades dos internos na prisión da Lama acaban de unirse á queixa dos propios presos pola suspensión das visitas e “vises” por parte da dirección co argumento da necesidade de evitar os contaxios da Covid-19. No interior do cárcere xa comezaran greves de fame puntuais, mais agora as persoas achegadas entregaron unha queixa por escrito denunciando a “vulneración de dereitos” por parte da dirección desde que comezou a pandemia. Lembran que “máis do 80% do poboación” da penitenciaría xa está “inmunizada” e consideran que hai menor risco. “Seguimos sen entender que poida facerse unha PCR para entrar a unha discoteca e que a nós non se nos propoña alternativa”, lamentan.

 

Las desatendidas peticiones de los presos de A Lama: desde discos compactos hasta tarjetas telefónicas para cambiar por relaciones sexuales

 

Entre as persoas afectadas por esta situación hai veciños e veciñas da comarca de Terra de Montes como M.R., que ainda que ela puido ter contacto en anteriores ocasións con o seu compañeiro, outras persoas non tiveron a mesma sorte e levan anos sen ver as familias e amigos, oque supón “unha violación dos dereitos dos presos”, sinala.

As restricións nos contactos comezaron co surto da pandemia. Despois de meses sen contacto, as primeiras visitas permitidas obrigaban os presos a facer cuarentena de 10 días nunha cela de isolamento. Duras condicións que motivaban que os reclusos rexeitasen os vis-à-vis, xa que, segundo indica a nota das familias afectadas, están “fechados nunha cela de 2×3 sen saídas ao patio”.

M.R. afirma que na prisión da Lama o 80% dos presos están inmunizados, o que torna mais inadmisíbel esta decisión. Sinala tambén que estas prácticas “negan o dereito fundamental á reinserción”. Esta iniciativa está coordenada pola asociasión “Abaixo os muros”.

Nós Diario

La Voz de Galicia