Julian Assange, fundador de WikiLeaks, é acusado polo goberno Trump de “espionaxe” por supostamente conspirar con Chelsea Manning para publicar os rexistros das guerras do Iraque e do Afganistán así como telegramas do Departamento de Estado.

 

Resultado de imagen de global protest assange 22 24 february

Aínda que os crimes de guerra revelados por Wikileaks permaneceron impunes, Assange podería enfrentar 175 anos de cárcere se for extraditado aos Estados Unidos por facer o que faría calquera xornalista competente. Isto sentaría un precedente perigoso para a prensa e para calquera persoa opoasta aos intereses dos Estados Unidos.

Durante nove anos, Assange foi demonizado con acusacións de violación, aínda que nunca foi acusado e as investigacións foron retiradas pouco despois de ser arrestado. Refuxiado na embaixada ecuatoriana, permaneceu no seu interior durante anos antes de ser expulso e levado pola forza á prisión de Belmarsh en abril de 2019.

Foi mantido en isolamento, onde sofreu un tratamento cruel e se lle negou tratamento médico. Un réxime de vida confirmado como tortura psicolóxica por Nils Melzer, o Relator Especial da ONU sobre Tortura. A súa saúde deteriorouse tanto que, en novembro pasado, 60 médicos esixiron que fose levado ao hospital para recibir tratamento urxente.

A asociación Women Against Rape declarou: “Lamentamos a forma en que as acusacións sexuais na Suecia foron manipuladas politicamente durante anos para xustificar a súa extradición aos Estados Unidos. Xulgalo polo xornalismo antibélico de Wikileaks sería unha grave inxustiza para todas nós, incluídas as vítimas de violación, asasinato e outros crimes de guerra cometidos polos ocupantes dos Estados Unidos e o Reino Unido no Iraque e o Afganistán. Ou esas vítimaas non contan?”

Un número crecente de organizacións -incluída a Unión Nacional de Xornalistas do Reino Unido e a Federación Internacional de Xornalistas, personalidades públicas e persoas particulares- oponse hoxe á súa extradición e esixen a súa liberación.

 

Resultado de imagen de global protest assange 22 24 february

 

Agora estas persoas e asociacións lanzan unha campaña contra a extradición de Assange aos Estados Unidos. A primeira cita será o día 22 de febreiro. Para ese día está convocada unha manifestación en Londres e os grupos convocantes fan un apelo a todas as persoas e colectivos que se opoñen ás guerras dos Estados Unidos e á extradición de Assange a sumarse aos protestos que terán lugar en numerosos lugares do mundo e a organizar novas accións.

Máis información sobre a campaña aqui.