Cos votos en contra de PSOE, PP, Ciudadanos e Vox, a Eurocámara recusou incluír a defensa do dereito de autodeterminación no relatorio sobre os dereitos fundamentais na Unión Europea entre o 2018 e o 2019. A emenda proposta polas eurodeputadas Diana Riba e Clare Daly (ERC ) reclamaba ás institucións da UE e aos estados “respectaren e defenderen o dereito de autodeterminación así como as culturas, identidades, linguas e ambicións políticas democráticas e pacíficas dos pobos europeos”. A enmenda foi eliminada con 487 votos en contra, 170 a favor e 37 abstencións.

 

eurocambra - acn

                                                                    Foto: Sergi Alcàzar

 

A resolución aprobada alerta sobre a deterioración dos dereitos fundamentais nalgúns estados da UE, mais non menciona ningún en particular. Unha vez máis, a cámara reclamou un mecanismo efectivo para controlar o respecto ao estado de dereito na UE.

A emenda para defender o dereito á autodeterminación
A emenda presentada por Diana Riba conxuntamente coa eurodeputada irlandesa Clare Daly reclamaba que fose respectado o dereito universal de autodeterminación dos pobos como o dereito a poder decidir libremente o seu status político, económico e cultural. “O dereito á autodeterminación é un dereito universal conforme ao dereito internacional e tería que ser incluído neste relatorio. Moitos conflitos territoriais poderían resolverse ouvindo as persoas en lugar das nacións e corporacións dominantes”, reivindicou Riba no seu perfil de Twitter.

Censura na Eurocámara
A relatora do informe, a eurodeputada irlandesa Clare Daly, denunciou a principios de semana a “censura” da súa nota explicatoria anexa ao texto que mencionaba a existencia de “sentenzas xudiciais que ultrapasan os dez anos de prisión por permitir plebiscitos democráticos”, en referencia ao caso catalán. Os eurodeputados de Junts Toni Comín e ERC Diana Riba tamén interviñeon ante o pleno no debate sobre o relatorio de Dereitos Fundamentais elaborado na comisión de Liberdades Civís e do cal foron excluídas as referencias aos presos políticos independentistas a petición dos eurodeputados de PSOE, PP e Cs. Os dous eurodeputados cataláns coincidiron en denunciar ante o pleno que houbo “censura” ao documento.

O presidente do comité onde se elaborou o relatorio, o eurodeputado do PSOE, Juan Fernando López Aguilar, asegurou que as normas da cámara lle permiten suprimir a opinión particular da relatora se é contraria ao informe e se o pide unha maioría de grupos.

El Nacional