As condicións materiais e a falta de confidencialidade en que teñen lugar as comunicacións das persoas presas con as súas defensas son fonte de queixas constantes da/os letrada/os que traballan con internos e internas do C.P. de Teixeiro. Deficiencias materiais  (interfonos avariados, condicións anti-hixiénicas e falta absoluta de limpeza dos locutorios, barreiras arquitectónicas dificilmente superábeis para persoas con mobilidade reducidas, etc.) provocan que as entrevistas deban facerse nun ton de voz moi elevado, o que dificulta a comunicación fluída e permite unha fuga de información que pon en risco a necesaria confidencialidade entre profesional e cliente.

 

Resultado de imagem para colegio abogados compostela

Entre as queixas máis reiteradas por letradas e letrados, poderíamos salientar:

  • a imposibilidade de utilizar os interfonos (por levaren tempo avariados) que comunican as cabinas en que se sitúan nas comunicacións a persoa presa e a súa defensa,

  • a falta de isolamento nas cabinas ordinarias e o mal funcionamento dos interfonos;

  • a situación, tamén prolongada no tempo, de condicións anti-hixiénicas e falta de limpeza nas cabinas do módulo de isolamento.

A estas queixas pretende agora dar resposta a Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Compostela, que envia escrito à Dirección do Centro Penitenciario para que solucione esas deficiencias que poden supor unha “posíbel vulneración de dereitos fundamentais recollidos no noso ordenamento xurídico”.